Pontevedra acollerá en marzo a fase final da Europa Cup de waterpolo feminino
Por Diego Espiño
A Liga Europea de Natación (LEN) concedeu a Pontevedra a organización da fase final da Europa Cup de waterpolo feminino, evento de seleccións nacionais que se disputará na piscina olímpica de Ponte Muíños entre o 22 e o 24 de marzo.
Así o confirmou a PontevedraViva a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a falta só de que se produza a firma oficial. "Neso estabamos traballando co presidente da Federación Española, levábamos un tempo e pechouse hai unha semana", explicou a edil.
O importante apoio recibido tanto por parte da Federación Galega como da Española resultou clave para obter a designación, nun campionato de nova creación que contará na súa estrea con 10 seleccións nacionais, das que 6 xogarán polo título en Pontevedra.
Anxos Riveiro: "Ter aquí ás mellores case de Europa creo que para nós como cidade é un orgullo"
Entre elas agárdase que estea a Selección Española, actual subcampioa do Mundo, poñendo a guinda a un evento que pretende supoñer un respaldo ao traballo de desenvolvemento de todo o waterpolo galego.
"Ter aquí ás mellores case de Europa creo que para nós como cidade é un orgullo e logo para o deporte en si mesmo creo que tamén vai a ser importante", recoñece Anxos Riveiro.
A Europa Cup feminina contará cunha primeira fase de competición, prevista para os primeiros días de febreiro, estruturada en dous grupos. No A quedaron encadradas Holanda, España, Rusia, Francia e Croacia e no grupo B as seleccións de Israel, Grecia, Italia, Hungría e Alemaña.
Os tres primeiros equipos de cada un dos grupos clasificaranse para a fase final, que converterá por uns días ao Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños no centro de atención do waterpolo mundial.
Relacionadas:
-
Cálida acollida en Pontevedra á Selección Española de Waterpolo
Por Diego Espiño & Gabriela Varela Asorey |
-
A fase final da Europa Cup de waterpolo desvela o seu horario de competición
Por Redacción |
-
España e Grecia serán cabezas de serie na fase final da Europa Cup de waterpolo en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xornada de traballo para ultimar a organización da Europa Cup de waterpolo
Por Redacción |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Campionato de España Infantil de Natación, unha cita máis para o calendario deportivo de 2018
Por Redacción |