Cálida acollida en Pontevedra á Selección Española de Waterpolo
Xornada de emocións e actos para a Selección Española de Waterpolo no seu primeiro día en Pontevedra, onde participará na fase final da Europa Cup Feminina que arrincará este xoves 22 de marzo na piscina olímpica de Pontemuíños.
As actuais subcampioas do Mundo déronse un baño de masas á primeira hora da mañá nun acto con escolares celebrado nun Teatro Principal a rebordar.
Nenas e nenos de sete centros educativos (Vilaverde, Xeve, Doroteas, Campolongo, Vidal Portela, Salvador Moreno e Sánchez Cantón) puideron coñecer de preto ao combinado nacional absoluto, con quen compartiron anécdotas e coñeceron os segredos que lles levaron a xogar ao máximo nivel, un evento no que as xogadoras demostraron a súa proximidade e bo humor tentando contaxiar a súa paixón polo waterpolo.
Depués de adestrar, a Selección Española estivo presente na presentación oficial da fase final da Europa Cup, presidida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Federación Española de Natación, Fernando Carpena, quen sinalou que estarán estes días en Pontevedra "las seis mejores selecciones europeas", o que é case o mesmo que dicir a elite mundial "a falta de Estados Unidos".
Carpena deixou aberta a posibilidade de que Pontevedra repita como sede deste tipo de eventos internacionais de waterpolo declarando que "es una competición nueva con un formato que el año que viene va a ser incluso más atractivo, te tiendo el guante", explicou cara ao rexedor pontevedrés.
Lores pola súa banda expresou o seu desexo de que este evento e o partido da Liga Mundial entre España ou Hungría que se xogará o martes 27 "deixen un bo sabor de boca".
O acto de presentación do campionato concluíu coa entrega de senllas placas de recoñecemento por parte da Real Federación Española ao presidente do Waterpolo Pontevedra, Óscar Ferreira, ao presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, e ao alcalde de Pontevedra.
As entradas para asistir ás diferentes xornadas e partidos da Europa Cup de Waterpolo serán de balde ata completar o aforamento das instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur.
Relacionadas:
-
España de waterpolo despídese de Pontevedra gañando por penaltis a Hungría na Liga Mundial
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Grecia faise co título da Europa Cup en Pontemuíños con España terceira
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os paus evitan o remontada de España ante Rusia (8-9) na semifinal da Europa Cup
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Europa Cup de waterpolo levanta o pano e completa as súas semifinais
Por Redacción |
-
Pontemuíños acollerá un partido da Liga Mundial de waterpolo entre España e Hungría
Por Clara Alonso |
-
A fase final da Europa Cup de waterpolo desvela o seu horario de competición
Por Redacción |
-
España e Grecia serán cabezas de serie na fase final da Europa Cup de waterpolo en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra acollerá en marzo a fase final da Europa Cup de waterpolo feminino
Por Diego Espiño |