O Campionato de España Infantil de Natación, unha cita máis para o calendario deportivo de 2018
Por Redacción
O Concello de Pontevedra foi escenario este mércores dunha reunión entre responsables municipais e as federacións Española e Galega de natación para avanzar nos aspectos organizativos de varias competicións para celebrar na cidade ao longo de 2018.
Ademais da fase final da Europa Cup de waterpolo feminino, na que estará presente a Selección Española ademais doutros cinco equipos nacionais do 22 ao 24 de marzo, o Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños acollerá outra competición relevante o próximo ano, o Campionato de España Infantil de Natación.
A piscina olímpica reunirá a preto de 800 deportistas do 25 ao 28 de marzo tomando a testemuña da citada Europa Cup.
Trátase dun campionato do agrado do goberno local ao corresponder a unha categoría que adoita propiciar a viaxe de familiares, o que sumado a deportistas e adestradores sitúa a cifra de visitantes ao redor dos dous milleiros. De feito Pontevedra xa o acolleu no ano 2014.
Na reunión celebrada no Concello estiveron presentes o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e os presidentes das federacións Española e Galega de Natación, Fernando Carpena e Carlos Touriño.
Relacionadas:
-
O Nacional Infantil de Natación chega ao seu fin tras catro xornadas de emoción e valores en Rías do Sur
Por Redacción |
-
Pontemuíños xa vibra co Campionato de España Infantil de Natación
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Máis de medio milleiro de nadadores e ata 186 clubs dan lustre ao Nacional Infantil de natación
Por Redacción |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra acollerá en marzo a fase final da Europa Cup de waterpolo feminino
Por Diego Espiño |