A fase final da Europa Cup de waterpolo desvela o seu horario de competición
Por Redacción
Pontevedra prepárase para converterse durante uns días no centro de atención do waterpolo internacional coa disputa, entre o 22 e o 24 de marzo, da fase final da Europa Cup Feminina, na que participarán seis seleccións nacionais absolutas.
A organización do torneo desvelou cal será o horario de competición na piscina olímpica de Pontemuíños.
O pano levantarase o xoves 22 de marzo coa disputa dos cuartos de final, que enfrontarán a partir das 17:00 horas a Holanda e Italia e a partir das 18:45 horas a Hungría e a Rusia.
España, como cabeza de serie xunto a Grecia polo seu liderado de grupo na primeira fase de competición, non entrará en xogo ata o venres 23 de marzo directamente nas semifinais. Así o combinado nacional, actual subcampión do Mundo, enfrontarase ao vencedor do duelo Hungría-Rusia ás 20:30 horas. Antes, ás 18:45 horas, disputarase a outra semifinal.
Pola súa banda no último día da Europa Cup, o sábado 24, o duelo polo bronce terá lugar ás 12:15 horas e a gran final iniciarase a continuación, ás 14:00 horas.
CONVOCATORIA DA SELECCIÓN ESPAÑOLA
O seleccionador nacional de waterpolo, Miki Oca, fixo pública a convocatoria de España para a Europa Cup de Pontevedra, que servirá ademais para preparar o Europeo do próximo verán en Barcelona.
A lista compóñena: Laura Ester, Maica García, Anna Espar, Bea Ortiz, Mati Ortiz, Paula Leitón e Judith Forca (Astralpool CN Sabadell); Marta Bach e Helena Lloret (La Sirena CN Mataró); Alejandra Aznar, María Elena Sánchez e Paula Crespí (CN Sant Andreu); e Clara Espar (CE Mediterrani).
Relacionadas:
-
Os paus evitan o remontada de España ante Rusia (8-9) na semifinal da Europa Cup
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Europa Cup de waterpolo levanta o pano e completa as súas semifinais
Por Redacción |
-
Cálida acollida en Pontevedra á Selección Española de Waterpolo
Por Diego Espiño & Gabriela Varela Asorey |
-
Pontemuíños acollerá un partido da Liga Mundial de waterpolo entre España e Hungría
Por Clara Alonso |
-
España e Grecia serán cabezas de serie na fase final da Europa Cup de waterpolo en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xornada de traballo para ultimar a organización da Europa Cup de waterpolo
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá en marzo a fase final da Europa Cup de waterpolo feminino
Por Diego Espiño |