Badalada do Ribadumia en Cerceda (1-2)
Por Redacción
As dificultades que atopa xogando na Senra transfórmanse en eficacia lonxe do seu campo. O Ribadumia deu a badalada no Roxo, derrotando ao Cerceda ao que apea do liderado da categoría, ao mesmo tempo que suma tres puntos importantísimos que lle outorgan unha importante marxe de tranquilidade na loita pola permanencia.
Foi un triunfo tan meritorio como afortunado. O Cerceda foi moi superior aos de Sierra, que unha vez máis volveron sacar petróleo dos últimos minutos, conseguindo contra todo prognóstico remontar un marcador adverso case no último suspiro.
A primeira parte foi de total dominio do Cerceda, con oportunidades constantes das que non sacaron proveito. Os pupilos de Ángel Cuellar topáronse coa defensa aurinegra, pero tamén coa madeira, na que Álex Ares estrelou tres lanzamentos de falta.
Nada máis comezar o segundo tempo, o equipo local adiantábase no marcador por medio de Adrián Abelenda, pero Agus aproveitaba un balón solto na área para empatar, á hora de xogo.
Co Cerceda envorcado en busca da vitoria, a falta dun minuto para o final Changui leva o balón nunha contra, conducindo ata o pico da área para ceder a Hugo Jiménez, que consegue bater a Marcos Valin, dando a vitoria ao Ribadumia.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Paso atrás do Ribadumia que cae vítima do antifútbol na súa visita ao pechacancelas Bergantiños (2-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia entrega na Senra o que recolle a domicilio e deixa os puntos ante o Deportivo B (1-2)
Por Redacción |
-
Sorteados os emparellamentos da Copa Deputación de fútbol
Por Redacción |
-
Homenaxe a Changui o día en que Ribadumia e Racing Villalbés quedan sen pólvora (0-0)
Por Redacción |
-
Un gol de Changui no último minuto permite ao Ribadumia gañar a final de Noia (0-1)
Por Redacción |