Sorteados os emparellamentos da Copa Deputación de fútbol
Por Redacción
A novena edición da Copa Deputación de fútbol xa ten cadro de competición, tras o sorteo celebrado este xoves no Pazo Provincial no que respecta á categoría senior.
Nela participan equipos desde Terceira División a Terceira Rexional, con enfrontamentos a partido único divididos en dous cuadrantes, Pontevedra e Vigo. De cada un deles sairá un finalista.
Na primeira rolda destacan os cruces Ribadumia-Cesantes, Marcón-Ciudad de Pontevedra ou Villalonga-Marín, mentres o filial do Pontevedra visitará ao Unión Grove. Pola súa banda o Arosa, do mesmo xeito que o Alondras, quedou exento da primeira eliminatoria.
O resto de choques, que deben xogarse antes do 30 de marzo, son: Salcedo-Portas, Santomé-Atlético Cuntis, Unión Sampaio-Rápido Bahía, Unión Dena-Sporting Libertad, Cerponzóns-Campañó, Céltiga-Poio, Noalla-Deiro, San Adrián-Campo Lameiro, San Andrés-Pontecaldelas, Beiramar-Monteporreiro, Arcade-Amanecer, Dorrón-Soutomaior, Atlético Estación-A Lama, Cambados-Figueirido, Chispa-San Martín, San Miguel-Presqueiras, Xuventú Sanxenxo-Xil, Mosteiro-Bueu, Zacande-Puentearnelas, Cotobade-Portonovo, Romay-Moaña e Umia-Beluso.
Completan o cadro Bamio, Caroi, Barro e Cruceiro á espera de rival correspondente da fase dezana.
O gañador da Copa Deputación recibirá unha cantidade próxima aos 8.500 euros como premio. Consulta aquí o cadro completo da competición.
Relacionadas:
-
Paso atrás do Ribadumia que cae vítima do antifútbol na súa visita ao pechacancelas Bergantiños (2-1)
Por Redacción |
-
Hugo Soto falla un 'penalti Panenka' e o Arosa patina na Lomba (2-2) co Verín
Por Redacción |
-
O Arosa vence ao Órdenes (1-2) e mantén opcións ao cuarto posto
Por Redacción |
-
O Ribadumia entrega na Senra o que recolle a domicilio e deixa os puntos ante o Deportivo B (1-2)
Por Redacción |
-
Badalada do Ribadumia en Cerceda (1-2)
Por Redacción |
-
Goleada do Arosa ao Galicia Mugardos (3-1) para reengancharse á zona nobre
Por Redacción |
-
A Copa Deputación de fútbol superará os 1.000 equipos participantes na súa novena edición
Por Diego Espiño |