O Pontevedra pesca no Huracán de Valencia e ficha ao porteiro sub-23 Vicente Company
Por Diego Espiño
Dous días despois de anunciar a baixa de Sergio Lloves, o Pontevedra xa conta cun substituto que pelexará o posto na portería con Edu Sousa.
Trátase de Vicente Company, futbolista valenciano de 21 anos que chega procedente do Huracán de Valencia, equipo do Grupo III da Segunda B que foi descendido administrativamente a Terceira pola falta de pagamento dos arbitraxes.
No Huracán Vicente viviu a cara máis amarga do fútbol, ao permanecer meses sen cobrar ata ver como o seu equipo era excluído da competición. Por iso na súa decisión de escoller Pontevedra entre as ofertas coas que contaba pesou, ademais da situación deportiva dos granates, a económica.
"Me informé", recoñece o gardameta en relación á situación actual de pagos ao plantel pontevedrés, e ademais "me gustaba el club y la ciudad".
Aterra coa lección ben aprendida e fixa o obxectivo principal na permanencia, sen descartar cotas maiores, aínda que sabe que gañar a condición de titular será complicada: "Edu es un buen portero, pero la competencia es mejor para mí y para el club".
Na actual tempada Company só partiu como titular nos dous partidos da Copa do Rei, pero asegura chegar en plena forma tras estar a adestrar ata esta mesma semana cun club próximo ao seu domicilio.
SEGUE A PROCURA DUN DIANTEIRO
Como estaba previsto o novo porteiro ocupa praza sub-23, o que deixa unha ficha senior dispoñible para que sexa ocupada por un dianteiro. Esa é a intención do club, que traballa en buscar "algo complementario a lo que tenemos".
Roberto Feáns, responsable da planificación deportiva, asegura que nas últimas horas estiveron preto de pechar a contratación dun futbolista e que "seguimos teniendo varias opciones sobre la mesa", aínda que decidiron esperar para "no comprometer el presupuesto por un fichaje".
A idea do club é non deixar saír a ningún integrante máis do plantel no mercado de inverno, pero Feáns deixa a porta aberta a esta opción ao recoñecer que "en estas fechas puede pasar de todo".
Relacionadas:
-
Hugo Rodríguez preséntase con ilusión "por estar en los puestos altos de la clasificación"
Por Redacción |
-
Antonio Bello, do UCAM Murcia, obxectivo do Pontevedra para cubrir a baixa de Tubo
Por Ramiro Espiño |
-
Tubo desvincúlase do Pontevedra para comprometerse co Boiro
Por Redacción |
-
Un Cacereño curto de efectivos mide o bo momento do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A difícil situación de Company no Huracán de Valencia: "Llega un momento en el que no te queda nada"
Por Diego Espiño |
-
Alerta amarela no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lloves rescinde o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Contra vento e marea o Pontevedra gaña un partido de loita en Guijuelo (0-1)
Por Redacción |
-
Incorporar un dianteiro, prioridade do Pontevedra no mercado invernal
Por Diego Espiño |