Un Cacereño curto de efectivos mide o bo momento do Pontevedra
Por Diego Espiño
Pasarón vivirá este domingo o seu primeiro partido de liga do ano coa visita (17:00 horas) dun Cacereño que non chega no seu mellor momento.
O cadro estremeño visita Pontevedra despois de encadear catro xornadas sen gañar e con serios problemas de efectivos. De feito ata hai uns días, nos que solucionou os problemas federativos que lle impedían fichar, contaba só con 16 futbolistas no primeiro plantel.
Con todo nas últimas horas os de Cáceres presentaron á súa primeira incorporación do mercado invernal, o central canario Ismael Athuman, que podería debutar na cidade de Lérez.
No bando local, o recentemente chegado Vicente Company vivirá o seu primeiro encontro en Pasarón, aínda que o fará desde o banco para secundar ao titular Edu Sousa.
O Pontevedra, no seu mellor estado de forma da tempada, buscará un triunfo que lle permitiría certificar practicamente a permanencia e pensar en cotas máis ambiciosas como consolidarse nos postos de play-off de ascenso.
Con Carnero e Campillo, que empezaron a semana con problemas, recuperados aínda que o seu concurso será dúbida ata última hora, as únicas baixas seguras para Luisito serán as coñecidas de Álex Fernández e Mouriño, polo que o técnico deberá realizar algún descarte horas antes do partido, ao convocar a todos os seus xogadores.
Arbitrará o choque o colexiado castelán-leonés Alberto González Hernández, auxiliado nas bandas por Carlos Gallego Hernández e Óscar López Rodríguez, un árbitro que xa se cruzou cos granates no encontro en Vigo ante o Celta B, tras o que Luisito criticou con dureza a súa actuación.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Cacereño aburren nun partido con pouco fútbol e sen ocasións (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A difícil situación de Company no Huracán de Valencia: "Llega un momento en el que no te queda nada"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pesca no Huracán de Valencia e ficha ao porteiro sub-23 Vicente Company
Por Diego Espiño |
-
Alerta amarela no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lloves rescinde o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Contra vento e marea o Pontevedra gaña un partido de loita en Guijuelo (0-1)
Por Redacción |