Contra vento e marea o Pontevedra gaña un partido de loita en Guijuelo (0-1)
Por Redacción
SERVIZO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: www.salamanca24horas.com
Segue en caída libre o Guijuelo, na mesma medida que mantén a súa magnífica traxectoria o Pontevedra. Os chacineros perderon ante os granates nun partido pasado por auga no Municipal da localidade salmantina. Un tanto de Jacobo no minuto 25 serviu para que os puntos voasen a terras galegas.
O partido disputouse a pesar de que o Municipal estaba encharcado. A auga foi a gran protagonista xunto co vento, convertendo case en imposible que se puidese practicar bo fútbol. A falta diso, o choque estivo marcado pola intensidade na disputa de cada balón dividido, cun Guijuelo que optou pola vía directa, única posible, para tentar chegar á área rival, pero atopouse cunha defensa sólida e firme que non lles deu opción, ata o punto de que o porteiro galego non tivo que intervir practicamente en ningunha acción de verdadeiro perigo.
Os chacineros saíron forte, dominando territorialmente, pero os seus intentos morrían na frontal ou como moito provocaban saques de esquina ben defendidos pola zaga visitante. Piojo e Raúl Ruiz trataban de superar aos seus pares en velocidade con envíos longos. Pero apenas lograron tirar a porta no primeiros corenta e cinco minutos.
Tampouco fixo moito o Pontevedra en ataque. En realidade só unha vez e tivo premio. Foi un balón morto, minuto 25, que engancha Jacobo, coa dereita, poñéndoo lonxe do alcance de Kike Royo. Pouco ou nada máis sucedeu nunha primeira metade na que xogar era imposible.
Na segunda parte apenas houbo xogadas destacables. Os minutos pasaban e o Guijuelo era incapaz de xerar perigo. Jacobo tivo o segundo para o Pontevedra nada máis volver de vestiarios pero esta vez non acertou e o balón marchouse xunto ao poste.
De la Barrera meteu no campo a Aspas e Luque. De la Nava tivo un disparo desde a frontal que atrapou ben Edu, e Jonathan lanzou unha falta que se foi fóra.
Luisito moveu o banco para asegurar a vantaxe e romper o ritmo nos últimos minutos, nos que unicamente un erro que puidese chegar provocado polo mal estado do campo, era motivo de inquietude, pero a defensa galega mantivo a súa liña de firmeza e seguridade, recuperando con xustiza os puntos que o Guijuelo levouse de Pasarón na xornada inaugural de liga.
CD GUIJUELO (0): Kike Royo; Ramiro Mayor, Jonathan Martín, Chema Antón, Ángel Sánchez; Javi Rey (Julián Luque, minuto 57), Palazuelos; Piojo (Aitor Aspas, minuto 73), Carlos Ramos, Raúl Ruiz; e De la Nava.
PONTEVEDRA CF (1): Edu; Adrián, Campillo, Capi, Verdú; Kevin Presa, Queijeiro, Pedro García; Jandrín (Miguel Loureiro, minuto 75), Borjas (Anxo, minuto 78) e Jacobo (Bruno, minuto 88).
Árbitro: Iñaki Sáez de Adana Oribe (Vasco), auxiliado nas bandas por Javier Marrón Rodríguez e Gotzon Palacios Arrugaeta. Amoestou a Palazuelos, Ángel Sánchez, Carlos Ramos, Jonathan Martín e ao técnico Rubén de la Barrera, polo Guijuelo, e a Anxo, polo Pontevedra.
Goles: (0-1) Minuto 25: Jacobo.
Incidencias: Campo Municipal de Guijuelo (Salamanca). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Cacereño aburren nun partido con pouco fútbol e sen ocasións (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un Cacereño curto de efectivos mide o bo momento do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A difícil situación de Company no Huracán de Valencia: "Llega un momento en el que no te queda nada"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pesca no Huracán de Valencia e ficha ao porteiro sub-23 Vicente Company
Por Diego Espiño |
-
Alerta amarela no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lloves rescinde o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Guijuelo, papeis cambiados unha volta despois
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Un Pontevedra sen actitude obrígase a remontar tras caer fronte a un Rápido de Bouzas superior (2-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Incorporar un dianteiro, prioridade do Pontevedra no mercado invernal
Por Diego Espiño |