A difícil situación de Company no Huracán de Valencia: "Llega un momento en el que no te queda nada"
Por Diego Espiño
O Pontevedra atopou o reforzo que buscaba para a portería e o novo gardameta granate a luz ao final do túnel, porque a primeira metade da tempada para Vicente Company pode cualificarse de inferno.
Todo pola penosa situación que viviu no seu club, o Huracán de Valencia. Falta de pagamentos, abandono por parte da directiva, apuros e finalmente descenso administrativo por non pagar as cotas arbitrais.
Un triste final para un proxecto que os futbolistas trataban de manter á boia co seu esforzo.
Foron meses "muy duros", recoñece Company, porque "nos pagaron sólo el 40% del primer mes y hemos estado hasta el 30 de diciembre sin cobrar".
Company: "Llega un momento en el que no te queda nada, que tienes que pedir porque lo que tienes ahorrado se te va todo"
A situación persoal dos integrantes do plantel valenciano foi empeorando co paso dos días ata converterse nunha odisea. "Llega un momento en el que no te queda nada, que tienes que pedir porque lo que tienes ahorrado se te va todo", explicou na rolda de prensa da súa presentación o xa xogador granate.
"A mí por ejemplo me quitaron el piso y me tuvie que ir a Gandía e ir todos los días a entrenar, 200 kilómetros al día, y pagármelo todo", concluíu.
Por ese motivo os seus primeiros pasos como xogador do Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón estaban adornados dun gran sorriso. Pola esperanza de facerse un oco no seu novo equipo e sobre todo ter outra oportunidade no fútbol profesional deixando atrás a cara máis amarga do deporte.
Relacionadas:
-
Un Cacereño curto de efectivos mide o bo momento do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pesca no Huracán de Valencia e ficha ao porteiro sub-23 Vicente Company
Por Diego Espiño |
-
Alerta amarela no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lloves rescinde o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Contra vento e marea o Pontevedra gaña un partido de loita en Guijuelo (0-1)
Por Redacción |