Echegoyen e Betanzos non logran entrar na Medal Race en Río e despídense do Test Olímpico
Por Redacción
Despois de dúas discretas xornadas, Támara Echegoyen e Berta Betanzos despedíronse do Test Olímpico de Río de Janeiro tras non lograr entrar na definitiva Medal Race.
Támara e Berta caeron dende a quinta praza á décimo quinta tras sufrir moitos problemas en augas brasileiras, nos mesmo campos de regatas que se usarán nos próximos Xogos Olímpicos.
O dúo galego-cántabro non logrou remontar posicións na última xornada tras asinar un sétimo e un décimo noveno posto e non finalizar nunha das mangas, na que só remataron tres tripulacións.
Na loita polo ouro en Río de Janeiro parten con vantaxe as italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich, cun colchón de nove puntos sobre segundas e terceiras clasificadas.
Relacionadas:
-
Echegoyen e Betanzos suman máis horas de regata en Río e sitúanse líderes na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e os irmáns Paz seguen loitando polo podio tras a segunda xornada do Mundial
Por Redacción |
-
Bo arranque dos irmáns Paz e Támara Echegoyen no Mundial de 49er
Por Redacción |
-
Ascenso ata a quinta praza para Támara Echegoyen na segunda xornada do Test Olímpico
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos estréanse no preolímpico de Río cunha sexta posición
Por Redacción |
-
Sexta praza final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos en Río de Janeiro
Por Redacción |