Sexta praza final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos en Río de Janeiro
Por Redacción
A última xornada de competición na XXVIII Semana Internacional de Río de Janeiro rematou coas aspiracións de podio de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no 49er FX.
O dúo galego-cántabro asinou a súa xornada máis discreta cun décimo terceiro e un undécimo posto nas dúas mangas disputadas caendo ata a sexta praza final.
Malia iso a experiencia resultou positiva para Echegoyen e Betanzos no campo de regatas da baía de Guanaraba, no que se disputarán dentro dun ano os Xogos Olímpicos.
"Navegar na baía de Guanabara é importante para poder comprender e mellorar nunhas augas tan complicadas. É o mellor xeito de prepararse para o que veña" declarou Támara en relación ao obxectivo de Río 2016.
Agora a regatista pontevedresa e a súa compañeira de embarcación prepáranse para afrontar outra importante cita na súa próxima competición, tamén en Brasil, como é o test preolímpico que se celebrará entre os días 15 e 22 de agosto.
O ouro na Semana Internacional brasileira foi finalmente para as danesas Maiken e Anne Julie Schütt.
Relacionadas:
-
Echegoyen e Betanzos non logran entrar na Medal Race en Río e despídense do Test Olímpico
Por Redacción |
-
Ascenso ata a quinta praza para Támara Echegoyen na segunda xornada do Test Olímpico
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos estréanse no preolímpico de Río cunha sexta posición
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos manteñen as súas opcións en Río a falta da última xornada
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos pelexan polo podio da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Oitavo posto para Támara Echegoyen no arranque da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |