Ascenso ata a quinta praza para Támara Echegoyen na segunda xornada do Test Olímpico
Por Redacción
Complicada xornada para a frota da clase 49er FX no Test Olímpico de Río de Janeiro, entre a que se encontra a embarcación de Támara Echegoyen e Berta Betanzos.
O equipo galego-cántabro ascendeu ata a quinta praza da clasificación xeral despois dunha xornada, a segunda da competición, na que só se puido disputar unha das tres mangas previstas, despois de case cinco horas de espera na auga.
Xa en faena, Támara e Berta tiveron que remontar posicións tras chegar ao primeiro paso na duodécima posición, pero só puideron ser oitavas.
Ese resultado failles subir unha praza, ata a quinta, nunha clasificación que seguen a liderar as italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich.
A cancelación de dúas mangas o luns fai que o Test Olímpico continúa este martes, a última hora do día en España, nunha xornada que estaba planificada como de descanso.