Echegoyen e Betanzos suman máis horas de regata en Río e sitúanse líderes na Copa de Brasil
Por Redacción
Támara Echegoyen e Berta Bentanzos seguen sumando horas de experiencia na Baía de Guanabara, Río de Janeiro, onde en poucos meses disputaranse as regatas de vela dos Xogos Olímpicos.
Fano nesta ocasión na Copa de Brasil, onde tras a segunda xornada de competición situáronse líderes na categoría de 49er FX.
Echegoyen e Betanzos ascenderon ao primeiro posto tras encadear tres podios parciais, con dous triunfos e unha terceira praza, nas catro mangas disputadas durante a xornada.
"Tivemos boas condicións para regatear e nós seguimos sumando horas en Guanabara", recoñecía a pontevedresa tras as regatas.
O dúo galego-cántabro conta con catro puntos de vantaxe sobre as segundas clasificadas, as holandesas Annemiek Bekkering e Annette Duelz, e seis sobre as británicas Charlotte Dobson e Sophie Ainsworth.
Relacionadas:
-
Carlos e Antón Paz apuran en Florida as súas opcións de clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Segundo posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Sexto posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial de Arxentina
Por Redacción |
-
Mala xornada para Echegoyen e os irmáns Paz no Mundial de 49er
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pasa o corte no podio e os irmáns Paz seguen cuartos
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos non logran entrar na Medal Race en Río e despídense do Test Olímpico
Por Redacción |