Mala xornada para Echegoyen e os irmáns Paz no Mundial de 49er
Por Redacción
Despois do parón dun día polas malas condicións climatolóxicas, o Campionato do Mundo de Vela para a clase 49er retomouse en augas arxentinas cunha negativa xornada para os irmáns Paz e para Támara Echegoyen e Berta Betanzos.
Ambas as dúas tripulacións seguen no Top-10 despois do primeiro día de roldas finais, pero afástanse das posicións de podio.
Echegoyen e Betanzos caen á sétima praza despois de sumar un sétimo, un quinto, un décimo terceiro (descarte) e un duodécimo posto nas catro mangas disputadas.
Pola súa banda Carlos e Antón Paz conseguiron un triunfo parcial na terceira manga, pero nas outras tres entraron nos postos 23 (descarte), e 22 en dúas ocasións.
Eses resultados fanlles descender ata a oitava praza da clasificación xeral, con catro regatas por disputar antes de chegar á Medal Race, na que aspiran a meterse do mesmo xeito que Echegoyen e Betanzos.
Relacionadas:
-
Echegoyen e Betanzos suman máis horas de regata en Río e sitúanse líderes na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Sexto posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial de Arxentina
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pasa o corte no podio e os irmáns Paz seguen cuartos
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e os irmáns Paz seguen loitando polo podio tras a segunda xornada do Mundial
Por Redacción |
-
Bo arranque dos irmáns Paz e Támara Echegoyen no Mundial de 49er
Por Redacción |