Segundo posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Copa de Brasil
Por Redacción
Támara Echegoyen e Berta Betanzos seguen acumulando experiencia no campo de regatas de Río de Janeiro no que se van disputar os próximos Xogos Olímpicos.
Na Copa de Brasil, disputada na baía de Guanabara, o dúo galego cántabro colgouse a medalla de prata final, despois de comandar durante varias xornadas a xeral.
Asinaron un quinto posto na Medal Race, o que lles fixo despedirse do triunfo, que foi parar a mans das holandesas Annemiek Bekkering e Annette Duelz, mentres o bronce foi para as danesas Jena Mai Hansen e Katja Salskov-Iversen.
Con todo o balance é máis que positivo para Echegoyen e Betanzos, que asinaron un total de cinco vitorias parciais ao longo de toda a semana de competición.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen estrea en Baleares a súa condición de campioa mundial
Por Redacción |
-
Echegoyen e os irmáns Paz, en postos de cabeza nun complicado arranque de Mundial
Por Redacción |
-
Carlos e Antón Paz apuran en Florida as súas opcións de clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Cos Xogos Olímpicos entre cella e cella
Por Diego Espiño |
-
Echegoyen e Betanzos suman máis horas de regata en Río e sitúanse líderes na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Sexto posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial de Arxentina
Por Redacción |