Non foi rival o Poio Artai para a SAR (29-18)
Por Redacción
Cada vez son menos as opcións de permanencia que lle quedan a un Poio Artai que non consegue collerlle o aire á categoría. Certo é que nesta ocasión o rival era dos máis complicados para puntuar, pero tamén que os de Augusto Aláez acusan a escaseza de efectivos cos que afrontan os partidos, o que fai máis complicado aínda obter resultados positivos.
O Poio aguantou o tirón da SAR na primeira parte, pero derrubouse nos primeiros compases da segunda, ao encaixar un parcial de 4-0 que practicamente lles deixaba sen opcións. Ademais, o conxunto visitante demostrou unha alarmante falta de efectividade en ataque, logrando unicamente seis goles nos últimos trinta minutos de partido.
SAR PLASTIC OMNIUM (29): Marcos Colinas, Dani Cadilla; Couñago, Roberto Couso (3), Agustín Lago (2), David López (6), Ramón Otero (5), David Parcero, Antón Rey, Carlos Rey (2), Manuel Rey, Damián Rodríguez, Imanol Cobián, Diego Domínguez (4), David Puga (3) e Iván Vázquez (4).
POIO ARTAI (18): Juanjo Novás, Salgueiro; Víctor (3), Gabriel Cores (2), Erselle (3), Tomás, Eloy Lorenzo, David Rodríguez (2), Jorge Rodríguez (4), Roibás (4), Martín Tarrío e Daniel Castro.
Árbitros: Vanesa Pérez Domínguez (Galicia) e David Rodríguez Lera (Castela e León). Excluíron por dous minutos a Roberto Couso e Diego Domínguez, polos locais, e a Gabriel Cores, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 1-1, 3-3, 8-6, 12-8, 13-9, 14-12 (descanso), 18-12, 20-14, 22-14, 24-16, 27-17 e 29-18 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal (Redondela). Uns 100 espectadores.
Relacionadas:
-
Cómodo triunfo do Bueu Atlético (25-34) a custa dun Poio Artai que repite guión
Por Redacción |
-
Poio Artai despídese da categoría ao caer na Seca (22-25) fronte ao Lavadores
Por Redacción |
-
Poio Artai enterra as súas opcións cunha contundente derrota (18-29) ante Granitos Ibéricos
Por Redacción |
-
Poio Artai paga coa derrota (27-22) unha desastrosa primeira parte na Cañiza
Por Redacción |