Cómodo triunfo do Bueu Atlético (25-34) a custa dun Poio Artai que repite guión
Por Redacción
Coma se dun guión se tratase, repetido con insistencia ao longo de toda a tempada, o Poio Artai volveu deixar escapar un partido no que competiu na primeira parte para afundirse estrepitosamente na segunda.
Os de Augusto Aláez realizaron un xogo aceptable ata o minuto 25, no que mesmo dispuxeron dalgunha vantaxe no marcador, pero foron incapaces de aguantar o tirón do Bueu, que ao regreso de vestiarios sentenciou pronto o partido, garantindo a súa permanencia, ao mesmo tempo que deixan o descenso do Poio nunha simple cuestión matemática.
POIO ARTAI (25): Juanjo Novás, Salgueiro; Víctor (1), Gabriel Cores (4), Erselle (6), Tomás, Eloy Lorenzo, Fernando Mosquera, José Manuel Núñez, David Rodríguez, Jorge Rodríguez (7), Roibás (7) e Daniel Castro.
BUEU ATLÿTICO (34): Sergio Piñeiro, Yeray; Andrés Bacelar (4), Román Blanco, Cerviño (1), Curra (1), Garrido (5), David Iglesias (3), Santiago Otero (5), Martín Piñeiro, Manuel Piñeiro (1), Quintela (3), Villanueva (5), Iglesias Estévez (1), Brais e Anxo Vidal (5).
Árbitros: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López (Galicia). Excluíron por dous minutos a Gabriel Cores, Erselle, Tomás e Jorge Rodríguez, polos locais, e a Román Blanco, Cerviño (2) e Santiago Otero, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 1-1, 2-4, 7-6, 8-9, 10-10, 12-15 (descanso), 13-17, 14-20, 15-23, 17-28, 19-31 e 25-34 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Atlético Novás non dá opción ao Poio Artai (25-31)
Por Redacción |
-
Poio Artai certifica o seu descenso encaixando unha dura goleada (36-23) en Lalín
Por Redacción |
-
Poio Artai despídese da categoría ao caer na Seca (22-25) fronte ao Lavadores
Por Redacción |
-
Non foi rival o Poio Artai para a SAR (29-18)
Por Redacción |