Poio Artai despídese da categoría ao caer na Seca (22-25) fronte ao Lavadores
Por Redacción
Se algunha esperanza tiña o Poio Artai de conseguir a permanencia, pasaba ineludiblemente por derrotar ao Lavadores, equipo que ocupaba o antepenúltimo posto da táboa, e rival directo, polo tanto, dos homes de Augusto Alaez. A derrota deixa aos locais a unha distancia de seis puntos, máis o parcial entre ambos os dous, cando só quedan seis xornadas, doce puntos, por disputar, o que fai que se ben o descenso non é matemático, a salvación sexa pouco menos que un sono imposible.
Unha vez máis, como tantas veces sucedeu nesta tempada, ao Poio Artai fíxoselle demasiado longo o partido. Os locais comezaron mandando e dominando durante toda a primeira parte, conseguindo retirarse ao descanso cunha importante vantaxe de catro goles, que alimentaba as esperanzas.
Non obstante, abondaron dez minutos á volta do vestiario para que o Lavadores dese a volta ao marcador, tomando unha curta vantaxe que soubo manter ata o final, para levarse dous puntos vitais.
POIO ARTAI (22): Juanjo Novás, Salgueiro; Víctor, Gabriel Cores (1), Erselle (5), Carlos (9), Tomás (2), Eloy Lorenzo, David Rodríguez, Jorge Rodríguez, Roibás (3), Martín Tarrío (2) e Daniel Castro.
LAS CINCO JOTAS LAVADORES (25): Diego García; Pablo Barros (3), Daniel Fernández, Fernando Fernández (2), Forero, Iván García (1), Pablo Gayoso (5), Groba (1), Pablo León (7), Lomba (2), Miro (2), Seoane, Alfredo López (1), Menéndez, Raúl Pérez e Suárez (1).
Árbitros: Pedro Eiras Abalde e Aarón Sestay Prieto (Galicia). Excluíron por dous minutos a Gabriel Cores, Carlos, David Rodríguez e Martín Tarrío, polos locais, e a Fernando Fernández, Gayoso (2) e Adrián Lomba, polos visitantes. Descualificaron con vermello directo o xogador do Lavadores, Forero (minuto 50).
Marcador (cada cinco minutos): 2-1, 4-3, 6-6, 9-8, 11-8, 13-9 (descanso), 14-13, 15-16, 17-19, 19-21, 21-23 e 22-25 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Artai certifica o seu descenso encaixando unha dura goleada (36-23) en Lalín
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Bueu Atlético (25-34) a custa dun Poio Artai que repite guión
Por Redacción |
-
Non foi rival o Poio Artai para a SAR (29-18)
Por Redacción |
-
Poio Artai enterra as súas opcións cunha contundente derrota (18-29) ante Granitos Ibéricos
Por Redacción |