Poio Artai enterra as súas opcións cunha contundente derrota (18-29) ante Granitos Ibéricos
Por Redacción
Se poucas opcións lle quedaban ao Poio Artai de soñar cunha remontada complicada na táboa para eludir o descenso, actuacións fronte a un rival alcanzable como Granitos Ibéricos botan por terra calquera indicio de esperanza.
O conxunto local tardou máis de 10 minutos en conseguir anotar o seu primeiro gol no partido, poñendo o seu rival unha alfombra cara a un cómodo triunfo, que non desaproveitou, deixando practicamente sentenciado o choque xa na primeira parte.
POIO ARTAI (18): Juanjo Novás, Salgueiro; Borja Barco (2), Víctor, Gabriel Cores (2), Erselle (1), Carlos (5), Tomás, Alberto López (1), David Rodríguez, Jorge Rodríguez (4), Roibás (2), Martín Tarrío (1) e Daniel Castro.
GRANITOS IBÿRICOS (29): Pedro Ramírez, Jorge Ramírez; David Álvarez (1), Juan Araújo (5), Abel Carreira (1), Jorge Castro (2), Jacobo Coello (2), Ismael Lago (1), Hugo López (2), Diego Mouriño (1), Pablo Pérez (2), ÿscar Pombal (2), Jorge Ramírez (1), Joaquín Rodríguez (2), Daniel Román (5) e Héctor Soage (2).
Árbitros: Alejandro Hoz Fernández e Axel Riloba Pereda (Cantabria). Excluíron por dous minutos a Gabriel Cores e Tomás (2), polos locais, e a Abel Carreira (3, descualificado no minuto 57), Ismael Lago e Juan Araújo, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 0-4, 0-6, 4-9, 6-12, 7-14, 8-16 (descanso), 10-18, 11-20, 11-20, 12-24, 14-26 e 18-29 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 75 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Artai despídese da categoría ao caer na Seca (22-25) fronte ao Lavadores
Por Redacción |
-
Non foi rival o Poio Artai para a SAR (29-18)
Por Redacción |
-
Poio Artai paga coa derrota (27-22) unha desastrosa primeira parte na Cañiza
Por Redacción |
-
Sen necesidade de forzar o Cisne propina un severo correctivo (27-39) ao Poio Artai
Por Redacción |