Sen necesidade de forzar o Cisne propina un severo correctivo (27-39) ao Poio Artai
Por Redacción
Non necesitou o Cisne máis que a primeira parte para impoñer a tremenda superioridade que existe entre líder e último da categoría. O Poio Artai intentou seguir o ritmo imposto polos de Edín Covelo, pero apenas conseguiuno ata o minuto 12 de partido. A partir de aí empezou o despegue paulatino do conxunto visitante, especialmente nos últimos dez minutos de cada tempo.
A diferenza de sete goles ao descanso (14-21) facía pouco menos que imposible pensar nunha remontada local, como así foi. O Poio Artai non deu por vencido, aproveitándose da relaxación defensiva do Cisne, pero os visitantes sen necesidade de forzar o seu ritmo en ningún momento, mesmo ampliaron ao final esa renda para anotarse unha contundente e cómoda vitoria que lle consolida no primeiro posto, aumentando a vantaxe con respecto ao segundo clasificado, que agora é o Chapela, tras a derrota do Seis do Naval na pista do Novás.
POIO ARTAI (27): Juanjo Novás, Salgueiro; Borja Barco (3), Víctor, Gabriel Cores (3), Erselle, Carlos (5), Tomás (2), Portabales, David Rodríguez (2), Jorge Rodríguez (5), Roibás, Martín Tarrío (6) e Daniel Castro (1).
BM CISNE (39): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira, Pepe Camiña (4), Álex Chan (5), Edu Covelo (5), Rafa Dasilva (4), Bruno Montesinos (1), Pablo Picallo (5), Pablo Rey (7), Carlos Rodríguez (1), Andrés Sánchez (2), Miguel Simón (2) e Javi Vázquez (3).
Árbitros: Antonio Javier García del Salto e José Antonio Huertas Herrador (Andalucía). Excluíron por dous minutos a Carlos, David Rodríguez e Martín Tarrio, polos locais, e a Iván Abilleira, Carlos Rodríguez, Andrés Sánchez, Miguel Simón (2) e Javi Vázquez, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 3-4, 5-7, 7-11, 9-13, 11-16, 14-21 (descanso), 18-23, 20-27, 23-29, 24-32, 25-34 e 27-39 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Artai enterra as súas opcións cunha contundente derrota (18-29) ante Granitos Ibéricos
Por Redacción |
-
O Atlético Novás apraza o alirón do Cisne (30-27) nun intenso partido
Por Redacción |
-
Poio Artai paga coa derrota (27-22) unha desastrosa primeira parte na Cañiza
Por Redacción |
-
Pablo Galán convértese nun muro e o Cisne pasa por enriba (31-19) de Embutidos Lalinense
Por Ramiro Espiño |
-
Poio Artai repite erros e afúndese na segunda parte (28-23) ante o Luceros
Por Redacción |
-
Xogando a medio gas o Cisne supera claramente (39-29) ao Lavadores
Por Ramiro Espiño |