Poio Artai paga coa derrota (27-22) unha desastrosa primeira parte na Cañiza
Por Redacción
Cando un equipo consegue só cinco goles nos primeiros 25 minutos dun partido de balonmán (sete en toda a primeira metade) a consecuencia lóxica adoita ser a derrota. Foi o que lle pasou ao Poio Artai na Cañiza. Os de Augusto Aláez entraron mal no partido e cando se quixeron dar conta era imposible evitar unha nova derrota.
O Poio intentouno na segunda parte e conseguiu ir reducindo a desvantaxe ata chegar a poñerse a só tres goles, pero a descualificación de Carlos rematou de botar por terra as opcións visitantes a falta de dez minutos para o final.
Malia a derrota, o Poio mantén opcións de salvación ao perder tamén BM Artabro e Las Cinco Jotas, o que segue deixando a permanencia a só dous puntos.
BM PROMENS CAÿIZA (27): Rubén Fernández, Marcos Carrera; Manuel Alonso, Pablo Álvarez (1), Alfonso Amoedo, Marcos Estévez, Rafael Fernández, Aitor Freiría (3), Adrián Freiría (2), Pablo González (3), Mendes (7), Iván Miguélez, Andrés Piñeiro (10), Rodrigo Blas e Daniel Da Cuña (1).
POIO ARTAI (22): Juanjo Novás, Álvaro Salgueiro; Víctor, Gabriel Cores (2), Erselle (7), Carlos (5), Tomás (1), Portabales (1), David Rodríguez, Jorge Rodríguez (1), Roibás (3) e Martín Tarrío (2).
Árbitros: Pablo Álvarez Vázquez e Lucas Crespo Gómez (Galicia). Excluíron por dous minutos a Rafael Fernández (2, descualificado no minuto 43), Aitor Freiría e Daniel Da Cuña, polos locais, e a Erselle, Carlos (3, descualificado no minuto 50), Tomás (2) e Roibás, polo Poio Artai.
Marcador (cada cinco minutos): 4-1, 8-2, 9-3, 9-5, 12-5, 13-7 (descanso), 17-10, 19-13, 21-17, 22-19, 25-21 e 27-22 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal (A Cañiza). Uns 100 espectadores.
Relacionadas:
-
Non foi rival o Poio Artai para a SAR (29-18)
Por Redacción |
-
Poio Artai enterra as súas opcións cunha contundente derrota (18-29) ante Granitos Ibéricos
Por Redacción |
-
Sen necesidade de forzar o Cisne propina un severo correctivo (27-39) ao Poio Artai
Por Redacción |
-
Poio Artai repite erros e afúndese na segunda parte (28-23) ante o Luceros
Por Redacción |