Ampla representación pontevedresa no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción
Importante cita para o taekwondo pontevedrés na 42 edición do Open de Holanda, de categoría G-2.
Ata Eindhoven desprazaranse nove deportistas galegos para unha competición que se celebrará entre este venres 13 e o domingo 15 de marzo poñendo en xogo valiosos puntos para o ranking mundial.
Entre a selección galega se encuantra unha boa representación pontevedresa, coa caldense Lúa Piñeiro (Natural Sport) á cabeza.
Lúa competirá en -67 quilos, categoría na que logrou a medalla de bronce no recente Open de Suiza e onde coincidirá de novo coa marinense Katya Calvar (Mat's).
Representando o Mace Sport estarán en Holanda Xián Silva en 74 quilos e en categoría júnior Sara Cortegoso (-46 quilos) e Javier González (-63).
Ademais do pontevedrés Borja Ríos (Hebe) en -58 quilos, completan a selección galega Laura Dosil, Miryam García e José Fernández.
O Open de Holanda contará con preto de 1.700 deportistas inscritos das categorías cadete, júnior e sénior.
Relacionadas:
-
Sara Cortegoso regresa do Open de Holanda de taekwondo coa medalla de prata
Por Redacción |
-
Medalla de bronce para Lúa Piñeiro no Open de Suiza
Por Redacción |
-
Katya Calvar e Lúa Piñeiro acoden ao Open de Suiza
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro inicia a súa xira internacional cunha medalla de prata en Alexandría
Por Redacción |