Sara Cortegoso regresa do Open de Holanda de taekwondo coa medalla de prata
Por Redacción
Gran resultado para Sara Cortegoso no Open de Holanda de taekwondo celebrado na localidade de Eindhoven.
A deportista do Mace Sport logrou a medalla de prata na categoría de -46 quilos júnior tras perder na final ante a húngara Luca Patakfaly (10-14).
Antes superara as representantes de Alemaña, Holanda e Croacia.
O resto da expedición pontevedresa tivo unha actuación máis discreta, destacando unicamente o papel de Lúa Piñeiro (Natural Sport) en -67 quilos, que caeu en cuartos de final por un apertado 2-1 ante a rusa Derbeneva Ekaterina.
Na mesma categoría a marinense Katya Calvar (Mat's) perdeu no seu segundo combate ao igual que Javier González (Mace Sport) en -63 quilos júniors.
Ademais Xián Silva (Mace Sport) avanzou ata terceira rolda en -74 quilos e Borja Ríos (Hebe) perdeu no seu primeiro combate en -58 quilos.
Relacionadas:
-
Esperanzas olímpicas no taekwondo pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Os medallistas olímpicos Joel González e Brigitte Yagüe, entre os inscritos para o Open de España en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xián Silva revalida o seu título de campión de España sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
Ampla representación pontevedresa no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Medalla de bronce para Lúa Piñeiro no Open de Suiza
Por Redacción |