Medalla de bronce para Lúa Piñeiro no Open de Suiza
Por Redacción
Lúa Piñeiro (Natural Sport) segue sumando importantes puntos no ranking mundial no seu camiño aos Xogos Olímpicos de Río 2016.
A deportista caldense logrou o domingo unha meritoria medalla de bronce no Open de Suiza de taekwondo, de categoría G-1, no peso de -67 quilos.
Lúa superou en primeira rolda á alemá Vanessa Koerndl por un claro 6-10 e posteriormente á francesa Benedicte Siosse (13-1).
Na semifinal encaixou a súa única derrota da competición, ante a serbia Ana Bajic (2-5).
Na localidade suíza de Lausanne tamén competiu a marinense Katya Calvar (Mat's), aínda que con menos sorte xa que caeu no seu primeiro combate fronte á eslovena Donja Lemajic (6-4).
Relacionadas:
-
Os medallistas olímpicos Joel González e Brigitte Yagüe, entre os inscritos para o Open de España en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sara Cortegoso regresa do Open de Holanda de taekwondo coa medalla de prata
Por Redacción |
-
Ampla representación pontevedresa no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Katya Calvar e Lúa Piñeiro acoden ao Open de Suiza
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro inicia a súa xira internacional cunha medalla de prata en Alexandría
Por Redacción |