Katya Calvar e Lúa Piñeiro acoden ao Open de Suiza
Por Redacción
Importante cita para Lúa Piñeiro (Natural Sport) e Katya Calvar (Mat's) no Open de Suiza de taekwondo que se celebra este fin de semana en Suíza.
Ambas as dúas participarán co equipo nacional en Lausanne nunha proba catalogada de G-1, a máxima categoría.
Por ese motivo a cita adquire moita importancia para Calvar e Piñeiro, que buscarán sumar puntos para o ranking mundial no seu camiño cara á clasificación para os Xogos de Río 2016.
O Open de Suiza conta con 384 deportistas inscritos de seleccións como a fracesa, serbia, alemá, suíza ou mexicana, entre outras.
Katia e Lúa participarán no mesmo peso, -67 quilos, estando programada a súa categoría para o próximo domingo, día 8 de marzo.
Completa a representación galega José Fernández (Natural Sport) en -74 quilos.
Relacionadas:
-
Ampla representación pontevedresa no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Medalla de bronce para Lúa Piñeiro no Open de Suiza
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro inicia a súa xira internacional cunha medalla de prata en Alexandría
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Xián Silva, medallistas no Campionato de España Sénior de taekwondo
Por Redacción |