Xogadores, directivos e adestradores do Leis pechan filas arredor do seu presidente
Por Redacción
Unha "chantaxe" por parte de seis xogadoras, un delegado e catro directivos cesados "que perderon o peso de outrora". Así cualifican xogadores, técnicos e directivos do Leis 26 FS a denuncia presentada contra o actual presidente do club, José Antonio Nieto. Todos eles asinaron un comunicado no que pechan filas en torno a el, defendendo a súa profesionalidade e o bo traballo realizado á fronte da entidade.
Ante a situación que se vive no club, os firmantes deste manifesto, entre os que se atopan os xogadores do equipo masculino de 2ºB e a práctica totalidade de adestradores das categorías inferiores, aseguran que "non podemos permanecer calados". Afirman que a situación que está vivindo José Antonio Nieto é "inadmisible", todo iso impulsado polo "1% do club" e cuxo obxectivo principal é "desprestigiar todo o seu traballo e facer que abandone".
Todos eles destacan que o actual máximo dirixente da entidade "é un verdadeiro presidente, que se puxo o mono de traballo e que nos deu todas as facilidades para poder traballar, nun terreo que antes era árido e que actualmente está dando os seus froitos".
Engaden que "nós que estamos en primeira liña, somos perfectamente coñecedores da importancia que tivo a chegada de aire fresco por medio do novo presidente ", fronte ao labor dos directivos cesados que "nos levaron a unha situación económica moi negativa" e tras cuxa xestión, denuncian, o Leis arrastra numerosas débedas contraídas nestes últimos anos, "con bancos, Facenda, seguridade social e ex xogadores".
Tralo acordo de filialidade co Marcón, recordan "somos 250 xogadores, 20 equipos e 21 adestradores" e indican que a estabilidade do club "non pode verse sometida á chantaxe" de Jacobo Estors, os directivos cesados e as xogadoras que asinan esta denuncia.
Neste sentido, avanzan que nas próximas semanas todos os equipos do club, así como os adestradores e a nova directiva mostrará o seu apoio incondicional ao presidente, Jose Antonio Nieto nos seus respectivos partidos.
Relacionadas:
-
As tres xogadoras que denunciaron ao presidente do Leis, pendentes do recurso xudicial e de lograr a baixa federativa
Por Diego Espiño |
-
A Marcha Mundial das mulleres reclama a Louzán que alonxe ao presidente do Leis das xogadoras
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Non admiten a trámite a denuncia de tres xogadoras do Leis feminino contra o seu presidente
Por Alejandro Espiño |
-
Os socios do Leis apoian a continuidade de José Antonio Nieto na presidencia
Por Diego Espiño |
-
Xusto empate do Leis masculino a domicilio ante o Cistierna (2-2)
Por Redacción |
-
O Leis feminino non pode co Simancas no Municipal (1-3)
Por Redacción |
-
Acusan o presidente do Leis de buscar "algo más" que unha relación "normal" con algunhas xogadoras
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |