Acusan o presidente do Leis de buscar "algo más" que unha relación "normal" con algunhas xogadoras
Unha decena de xogadoras do Leis 26 FS, apoiadas polo que foi o seu adestrador ata hai uns días, Jacobo Estors, presentaron este venres ante o xulgado unha denuncia contra o actual presidente da entidade, José Antonio Nieto. Aseguran que, dende hai uns dez meses, estiveron a vivir unha serie de episodios que "podrían ser considerados" como atentatorios contra a súa dignidade persoal e integridade moral.
Nunha rolda de prensa celebrada no Hotel Galicia Palace, Jacobo Estors (que actuou como voceiro destas xogadoras) asegurou que se trata de "hechos graves", sen entrar en máis detalles. A relación que mantiña con elas, dixo, "no es la normal entre presidente y jugadoras, sino que son de algo más". Afirmou que esta conduta conduciu a unha situación "incontrolable", xa que sinalou que "se le hizo la vida imposible" a moitas delas.
A denuncia está presentada, segundo Estors, por todas as xogadoras do primeiro equipo que finalizaron a pasada tempada na disciplina do club pontevedrés, "en algún caso menores de edad". De feito, algunhas delas presentes na rolda de prensa estaban acompañadas dos seus pais. Para elas, insistiu, foi un "sinvivir" e agora deron o paso de facelo público porque "no aguantan más".
Recoñeceu, en todo caso, que "nos hemos equivocamos" por non denunciar antes este caso, pero o adestrador subliñou que "se intentó evitar esta situación" e chegar a un acordo mediante a vía da conciliación.
Ademais, negou que se trate dunha "revancha" contra o presidente do Leis por destituílo a el e a outros catro directivos. ÿ máis ben ao contrario, dixo. "Indudablemente las destituciones vienen por habernos posicionado del lado de las víctimas", explicou Jacobo Estors, que cualificou este cesamento como "tinta de calamar", para tratar de contrarrestar os efectos desta denuncia.
Jacobo Estors espera que, polo menos, esta denuncia pública sirva para que este tipo de situacións "no se repitan en un futuro".
O PRESIDENTE DO LEIS FALA DE "VENGANZA PERSONAL" CONTRA EL
O presidente do Leis avanzou que poñerá este asunto en mans dos seus avogados para que estuden unha posible querela contra os denunciantes
Tras a celebración desta rolda de prensa, PontevedraViva púxose en contacto co presidente do Leis 26 FS, José Antonio Nieto, para coñecer a súa versión dos feitos. Asegura que "no voy a hablar" ata coñecer textualmente o dito por Jacobo Estors durante a súa comparecencia ante os medios. Con todo si avanzou que poñerá este asunto en mans dos seus avogados para que estuden unha posible querela contra el.
José Antonio Nieto enmarca todo isto nunha "venganza personal" contra el por cesar o adestrador e catro directivos da entidade. "El club necesitaba esta limpieza y echar a este señor y a estas señoritas", afirma. Neste sentido, asegura ter recibido "amenazas" dunha posible denuncia dende o pasado mes de agosto "y por ahora no me ha llegado aún ninguna".
Ademais, o actual presidente do Leis afirma que detrás de todo este desagradable episodio está a "mente pensante" dun dos directivos cesados, Manuel Piñón, "que es el que lo está enredando todo". A el e aos demais protagonistas desta situación pídelles "que nos dejen trabajar en paz".
Relacionadas:
-
Ex-directivos do Leis crean o Ciudad de Pontevedra Fútbol Sala
Por Diego Espiño |
-
As tres xogadoras que denunciaron ao presidente do Leis, pendentes do recurso xudicial e de lograr a baixa federativa
Por Diego Espiño |
-
A Marcha Mundial das mulleres reclama a Louzán que alonxe ao presidente do Leis das xogadoras
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Non admiten a trámite a denuncia de tres xogadoras do Leis feminino contra o seu presidente
Por Alejandro Espiño |
-
Os socios do Leis apoian a continuidade de José Antonio Nieto na presidencia
Por Diego Espiño |
-
O Leis feminino non pode co Simancas no Municipal (1-3)
Por Redacción |
-
Xogadores, directivos e adestradores do Leis pechan filas arredor do seu presidente
Por Redacción |
-
Jacobo Estors, destituído como técnico do equipo feminino do Leis
Por Redacción |
-
Terremoto no Leis: o seu presidente cesa de vez a catro directivos
Por Redacción |