Xusto empate do Leis masculino a domicilio ante o Cistierna (2-2)
Por Redacción
Resísteselle ao Leis Pontevedra a súa primeira vitoria na Segunda B masculina. Estivo preto o cadro adestrado por Manu Cossío na súa visita á cancha do CFS Cistierna, pero rematou obtendo un xusto empate (2-2).
O encontro caracterizouse pola igualdade, con ocasións para ambos os dous equipos, se ben foi o Leis o que inaugurou o marcador.
Os pontevedreses adiantáronse por medio de Gus aos 12 minutos aproveitando a superioridade numérica pola expulsión dun rival, ampliando a vantaxe pouco despois cun tanto de Carlos.
O 0-2 poñía moi de cara o encontro para o Leis, que fallaría un dobre penalti para poñer o 0-3, pero os locais reaccionaron igualando antes do descanso por medio de David.
Na segunda metade os dous equipos tiveron ocasións para gañar, pero a boa actuación dos porteiros mantivo o empate.
Este resultado deixa o Leis, con dous puntos, na penúltima praza da clasificación.
CFS CISTIERNA (2): Daniel, Jesús, Álvaro, David (2), Adrián -cinco inicial- David Vázquez, Daniel del Blanco, Ignacio, Javier, Julio José, Cristian.
LEIS PONTEVEDRA (2): Rubén, Álex, Pablo, Pocho, Carlos (1) -cinco inicial- Gabi, Dani, Sergio, Gus (1), Barcala.