Sergio Cotilla despídese do Arosa e pecha a súa etapa como futbolista: "Foron os anos máis bonitos da miña vida a nivel deportivo"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As despedidas nunca son agradables, e moito menos cando tes que dicir adeus a un dos piares máis importantes do teu equipo.
Este momento chegoulle ao Arosa e a Sergio Cotilla, que tras seis anos vestindo a camiseta arlequinada, pecha a súa etapa non só no club, senón como futbolista profesional.
Cotilla, que chegou a Vilagarcía na tempada 2019/2020 procedente do Rápido de Bouzas, disputou máis de 150 partidos coa camiseta do Arosa, convertíndose nun exemplo de arosismo rexoñecido polo club e afección.
Na súa carta de despedida, o xogador quixo agradecer "de corazón" o "apoio incondicional" aos afeccionados, "por todos e cada un dos berros de ánimo pola banda, pola calidade humana que demostrastes. Foron os anos máis bonitos da miña vida a nivel deportivo", afirmou.
"Cando asinei aquí, dixen (e non me equivoquei) que me retiraría xogando na Lomba e aquí estou, despedíndome de vós e tentando que sintades o mesmo agarimo que eu recibín. Podo dicir orgulloso que o obxectivo polo que fichei está cumprido. 160 partidos como arlequinado, 4 play offs e entre eles un ascenso. Despois de todo isto e xogar convosco en Segunda Federación teño claro que como mínimo ese é o noso sitio e que voltaremos", subliñou.
Así mesmo, agradeceu aos corpos técnicos e á directiva ao longo destes anos, "especialmente a Manolo e Rosario pola confianza e o coidado". Tamén lembrou a Rafa Sáez, "co que cheguei a este club", e "a todos os meus compañeiros por ensinarme tanto, por crecer conmigo no deportivo e no persoal".
"Levo moitos anos gozando deste deporte e a pesar de que fisicamente me quedan moitos quilómetros que correr, sinto que chegou a hora de pechar esta etapa. Un sempre sabe cando chega o seu momento. Vou sabendo que volverei loitar con todos vós desde a bancada", concluíu o xogador.
Para despedir a Sergio Cotilla como merece, no próximo partido na Lomba o club faralle entrega dun obsequio para lembrar os seus anos como xogador do equipo.
Relacionadas:
-
Catro pezas máis para o banco do Arosa
Por Redacción |
-
Iván Vázquez e Álvaro Cano acompañarán a Michel Alonso no banco do Arosa
Por Redacción |
-
Romay sobe ao novo proxecto do Arosa, "el más bonito posiblemente de la categoría"
Por Diego Espiño |
-
Óscar Varela, un centrocampista defensivo para o novo proxecto do Arosa
Por Diego Espiño |
-
O lateral zurdo Luis Castro, primeira fichaxe do Arosa
Por Diego Espiño |
-
Martín Diz continuará no Arosa "a pesar de ter ofertas de categoría superior"
Por Redacción |
-
Iñaki Martínez e Javi Pereira seguirán un ano máis no Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa acelera na planificación: Pacheco renova e Noel Chaves sobe ao primeiro equipo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Manu Táboas despídese do Arosa despois de seis tempadas: "Sempre pensei que me retiraría neste club"
Por Diego Espiño |
-
Primeiras baixas nun Arosa que arrinca a planificación da nova tempada
Por Redacción |
-
Míchel Alonso: "Non veño adestrar a Terceira RFEF, veño adestrar o Arosa e sei o que supón"
Por Diego Espiño |