Lydia Pérez, única española no Torneo Internacional Dan Kolov en Bulgaria
Por Redacción
Recta final de Lydia Pérez na súa preparación cara ao Preolímpico, cita marcada en vermello no seu calendario esta tempada coa esperanza de pelexar polo soño de estar nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Nese camiño, a loitadora pontevedresa competirá nun dos torneos de maior prestixio do panorama internacional, o Torneo Dan Kolov-Nikola Petrov que se celebra os días 8 e 9 de marzo na capital de Bulgaria, Sofía.
A deportista do Club Loita Pontevedresa será de feito a única española nesta competición, no seu caso na categoría de -62 quilos.
Lydia estará acompañada en Bulgaria polo técnico nacional Rubén Méndez, e tras o torneo viaxará a Roma para tomar parte do 10 ao 24 de marzo nunha concentración internacional coa Selección Española no Centro Olímpico de Lido dei Ostia.
En Italia tamén estará outra deportista galega, Nerea Pampín (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces).
Relacionadas:
-
Última esperanza olímpica para Lydia Pérez
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez cae en primeira rolda do preolímpico de Bakú
Por Redacción |
-
A primeira das dúas balas de Lydia Pérez cara a París 2024 pasa por Acerbaixán
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez cae nos oitavos de final do Campionato de Europa en Bucarest
Por Diego Espiño |
-
Recepción na alcaldía a Lydia Pérez Touriño, campioa absoluta de España de loita
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lydia Pérez, recoñecida como deportista de alto nivel pola Xunta de Galicia
Por Redacción |
-
Unha xornada de loitas olímpicas no CGTD na memoria de 'Sasha'
Por Redacción & Cristina Saiz |