Alejandro Muñiz, na Supercopa de España: Arbitrará unha das semifinais
Por Redacción
Cada semana que pasa Alejandro Muñiz segue dando pasos para consolidarse na elite da arbitraxe española e internacional.
Tras ser oficialmente recoñecido como árbitro FIFA e estrearse no Santiago Bernabeu na primeira xornada de liga do ano nun encontro do Real Madrid, único equipo salvo o Celta ao que non dirixira aínda, o pontevedrés será agora un dos árbitros que viaxará a Arabia Saudita para a Supercopa de España.
Concretamente Muñiz Ruiz foi designado para arbitrar a segunda semifinal do torneo, a que enfrontará o vindeiro xoves 11 de xaneiro (20.00 horas) o Fútbol Club Barcelona e Osasuna no estadio Al-Awwal Park da cidade de Riyadh.
Nese choque estará auxiliado desde o VAR por Carlos Del Cerro Grande.
En canto á primeira semifinal do torneo entre Real Madrid e Atlético de Madrid, o colexiado escollido para a cita é Javier Arberola Rojas.
I Estos son los árbitros para las de la #superSupercopa:
— RFEF (@rfef) January 8, 2024
@realmadrid - @Atleti, miércoles 10 de enero.
@FCBarcelona_es - @Osasuna, jueves 11 de enero.
https://t.co/lVZBMRDvCT pic.twitter.com/YFMzbUCgPo
Relacionadas:
-
Alejandro Muñiz Ruiz, mestre de luxo no primeiro día de curso dos novos árbitros
Por Redacción |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño |
-
Unha gran cea para celebrar a fin de tempada e premiar o traballo dos árbitros
Por Redacción |
-
Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA
Por Redacción |