Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño
Estrea de tempada para Alejandro Muñiz Ruiz, colexiado pontevedrés que por terceiro curso consecutivo arbitrará na Primeira División española.
O cadrelo, recentemente promocionado á categoría de internacional, lucirá por primeira vez esa etiqueta na segunda xornada de liga na máxima categoría.
Farao ademais impartindo xustiza ante un dos grandes do campionato, xa que o Comité Técnico de Árbitros designouno para o encontro que o vindeiro domingo 20 de agosto (19.30 horas) enfrontará ao Fútbol Club Barcelona co Cádiz, no Estadio Olímpico de Montjuïc.
ÁRBITROS | Estos son los colegiados designados para la jornada en la Temporada 2023/24 de División.
— RFEF (@rfef) August 17, 2023
Designaciones completas: https://t.co/m0zkn4NPWD #ArbitrajeRFEF | @CTARFEF pic.twitter.com/gCZdJquYmS
Será a terceira ocasión que Muñiz Ruiz arbitre o Barcelona. As anteriores concluíron con triunfos blaugranas fronte ao Elche (3-0) e Girona (0-1).
Nas dúas tempadas como árbitro de Primeira División o pontevedrés dirixiu xa un total de 37 partidos na elite, ademais das súas intervencións no vídearbitraje (VAR).
Relacionadas:
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz, na Supercopa de España: Arbitrará unha das semifinais
Por Redacción |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño |
-
Sete representantes da arbitraxe pontevedresa dirixirán partidos de fútbol en categoría estatal o próximo curso
Por Manu Otero |
-
Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA
Por Redacción |
-
Bello Blanco e Muñiz Ruiz, pasado e presente da arbitraxe pontevedresa en Primeira División
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Alejandro Muñiz: "Es el momento de la historia en el que más conceptos tenemos para los casos de manos"
Por Manu Otero |
-
O pontevedrés Muñiz Ruiz recibe o premio a mellor árbitro de Segunda División da tempada 20/21
Por Redacción |