Alejandro Muñiz Ruiz, mestre de luxo no primeiro día de curso dos novos árbitros
Por Redacción
O novo curso da Delegación de Pontevedra do Comité Técnico Galego de Árbitros arrincou este venres cunha clase de luxo impartida polo colexiado internacional Alejandro Muñiz Ruiz.
Durante o primeiro día, o alumnado tivo a oportunidade de escoitar o mellor árbitro galego da actualidade, o pontevedrés Muñiz Ruiz, quen compartiu a súa experiencia na arbitraxe, desde que comezou como eles cun curso similar ata alcanzar a condición de árbitro internacional que ostenta na actualidade.
O colexiado de Segunda Federación, Miguel Oliveira, e a árbitra Estela Castro, tamén participaron nesta primeira clase.
A Delegación do CTGA de Pontevedra contou a tempada pasada con máis de 250 colexiados, cifra que esperan, canto menos igualar nesta campaña na que aínda está aberta a inscrición. Actualmente son algo máis de 50 os alumnos inscritos, moitos deles menores de idade.
Relacionadas:
-
Álvaro Juncal e Sergio Doval, novos árbitros de Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz, na Supercopa de España: Arbitrará unha das semifinais
Por Redacción |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño |