Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA
Por Redacción
A Real Federación Española de Fútbol fixo público este luns a listaxe de árbitros e asistentes que dirixirán os partidos da próxima tempada en Primeira e Segunda División. Entre os elixidos, volve figurar o colexiado pontevedrés Alejandro Muñiz Ruiz.
O bo facer do réferi galego ao longo das dúas últimas tempadas serviulle tamén para ser proposto polo Comité Técnico de Árbitros para ser elixido como árbitro internacional para dirixir partidos en competicións FIFA. Aínda que este ascenso debe ser referendado aínda polos organismos competentes.
Con 31 anos de idade, na última tempada Alejandro Muñiz dirixiu un total de 18 partidos sobre o céspede, que completou con outras actuacións como encargado da videoarbitraxe. Así mesmo, na última tempada tamén exerceu como cuarto árbitro en tres partidos da UEFA Europa League e en dúas da Uefa Conference League.
Esta proposta está incluída na relación de árbitros publicada pola RFEF que formarán parte do persoal de colexiados para a próxima tempada, na que debutarán tres novos xuíces: Hernández Maeso, García Verdura e Busquets Ferrer.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz, na Supercopa de España: Arbitrará unha das semifinais
Por Redacción |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño |
-
Sete representantes da arbitraxe pontevedresa dirixirán partidos de fútbol en categoría estatal o próximo curso
Por Manu Otero |
-
Bello Blanco e Muñiz Ruiz, pasado e presente da arbitraxe pontevedresa en Primeira División
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Alejandro Muñiz repetirá por segunda tempada como árbitro de Primeira División
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz: "Es el momento de la historia en el que más conceptos tenemos para los casos de manos"
Por Manu Otero |