Sete representantes da arbitraxe pontevedresa dirixirán partidos de fútbol en categoría estatal o próximo curso
Por Manu Otero
Os movementos arbitrais confirmados nas categorías nacionais por parte do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol culminan con sete árbitros e árbitras vinculados ao colexio de Pontevedra con presenza neste tipo de competicións.
Ademais do pontevedrés Muñiz Ruiz que, ademais de encadear a súa terceira tempada consecutiva en Primeira División masculina, acaba de ser proposto para dirixir partidos internacionais; a arbitraxe pontevedresa contará este ano cun colexiado en Primeira Federación e tres. en Segunda Federación. Ademais, exercerán de árbitras asistentes en Primeira División feminina Iris Romero Cancelas e Iria Rosendo González. Esta última compaxinarao coa realización de prácitcas en Segunda Federación masculina.
Continúa unha tempada máis como xuíz de Primeira Federación masculina Daniel Pastoriza Iglesias; mentres que a Alberto Gómez Lameiro e a Álvaro Juncal Moreira úneselles en Segunda Federación Miguel Oliveira Dios tras o seu ascenso desde Terceira Federación.
Con respecto á arbitraxe feminina, ascende a Primeira División feminina a pontevedresa Iris Romero Cancelas para exercer de árbitra asistente. Mentres que a súa homóloga Iria Rosendo González mantén a categoría e, ao formar parte do programa Elite nivel prata, pasará o próximo curso a realizar prácticas no cuarto chanzo do fútbol nacional masculino.
Relacionadas:
-
Álvaro Juncal e Sergio Doval, novos árbitros de Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
A pontevedresa Iria Rosendo, no equipo arbitral para a final da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz será o cuarto árbitro na final da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Muñiz estréase no Bernabeu
Por Diego Espiño |
-
Unha excedencia, solución á incompatibilidade da policía local Iris Romero para ser árbitra profesional en Primeira División
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Alejandro Muñiz estreará a súa terceira tempada na elite arbitrando o Barcelona-Cádiz
Por Diego Espiño |
-
Unha gran cea para celebrar a fin de tempada e premiar o traballo dos árbitros
Por Redacción |
-
Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA
Por Redacción |
-
Iria Rosendo consolídase como asistente na Primeira División Feminina e ascende a Segunda RFEF Masculina
Por Diego Espiño |
-
O árbitro pontevedrés Miguel Oliveira Dios, entre os candidatos ao ascenso a Segunda RFEF
Por Redacción |