Derrota en Alacante dun Cisne que perdoou en exceso (31-28)
Por Almu Dapena
O Club Cisne Balonmano caeu este sábado ante o EOS Horneo Alicante nun partido no que foi por diante ata o minuto 20 do primeiro tempo. Conseguiu manter o pulso ao seu rival e mesmo volteó o resultado ao saír dos vestiarios tras o descanso, pero o equipo local impuxo o seu xogo apoiado en Krimer baixo paus e en Alberto González e Jerónimo Cartagena en tarefas ofensivas para facerse co triunfo por 31-28.
Comezou o encontro cunha serie de perdas e imprecisións ofensivas por parte de ambos os conxuntos, que non lograron abrir a lata ata alcanzado o minuto tres de xogo. Furtado foi o autor do primeiro tanto do duelo e, tras el, deu paso a uns instantes de igualdade nos que tanto uns como outros se repartiron os goles en ambas as porterías.
Con todo, o Cisne aproveitou dúas perdas do Alicante para coller unha pequena vantaxe de dous goles que enseguida foi neutralizada polo equipo local con dúas boas accións de ataque. Nese momento apareceu Etayo para levar a batuta en tarefas ofensivas e enchufó tres goles seguidos cos que devolveu a renda para os brancos (7-9).
Ata o minuto 20 de xogo conseguiron os pontevedreses manterse por diante no luminoso, pero un lanzamento ás nubes de Serrano e un erro no pase de Furtado permitiu aos locais poñerse por diante por primeira vez no encontro.
O marcador mostraba un 13-11 e Jabato decidiu parar o tempo para tentar reverter a situación, pero o Alicante mantivo esa pequena renda ata os últimos minutos do primeiro tempo nos que o Cisne logrou reducir distancias e colocarse a tan só un gol do empate cando se alcanzou o descanso (16-15).
Dani Serrano e Rubén Etayo deron a vantaxe de novo aos de Pontevedra nada máis saír dos vestiarios (16-17), pero o Alicante volveu espertar grazas ao seu xogo en transición tras perda do Cisne e subiu o 20-17 ao luminoso, obrigando a Jabato a pedir tempo morto cando apenas se cumpriron o primeiros cinco minutos do segundo tempo.
Non lle estaban saíndo as cousas aos brancos, Carlos Pombo foise dous minutos ao banco e os locais aproveitaron esa superioridade para seguir facendo dano e aumentar a renda (24-20).
Por medio de Etayo e Delgado reduciu distancias o Cisne, pero cando parecía que unha posible reacción podía chegar, Fernando Latorre parou o tempo, corrixiu os erros dos seus xogadores e continuaron ao seu. Iso sumado ás perdas de balón dos brancos, aos que lle entraban as présas, e as boas accións baixo paus de Marco Krimer facían que os de Pontevedra continuasen a remolque incapaces de voltear o resultado.
Quedaban seis minutos de partido e o marcador mostraba un 28-24. Jabato volvía parar o tempo para pedir calma aos seus xogadores e conseguiu o Cisne achegarse aos dous goles do empate. Puido ser un, pero o lanzamento de Etayo, desde o pivote e con todo a favor, enviou o esférico ás nubes (28-26).
Os intentos dos brancos de conseguir algo de proveito do encontro foron en balde nos últimos minutos de partido e finalmente foi o Alicante o que se fixo co triunfo por 31-28.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Guadalajara corta as ás a un Cisne durmido (33-25)
Por Almu Dapena |
-
Rubén Etayo recibe a alta e alivia unha aínda ocupada enfermería do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Memorial Luaces do Cisne supoñerá o regreso cinco anos despois da Selección Galega Absoluta
Por Redacción |
-
Sólido triunfo do Cisne ante Antequera para despedir o ano (27-22)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un Cisne que chega "xusto de enerxías" ao último partido de 2023
Por Diego Espiño |
-
O Cisne acaba coa resistencia do Handbol Mallorca na segunda metade (30-23)
Por Redacción |
-
O Cisne ve cortada a súa progresión en Eivissa nun apertado partido (31-30)
Por Redacción |
-
Actuación estelar do Cisne ante o Villa de Aranda (17-25)
Por Almu Dapena |
-
Cisne e Málaga selan un empate tras un duelo que gañaron as defensas (20-20)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |