Los Secretos rememoran a movida madrileña no Liceo Casino
Por Mónica Patxot & Redacción
A banda madrileña que lidera Álvaro Urquijo subía ao escenario do Parque de Verán da Caeira do Liceo Casino de Pontevedra interpretando os primeiros compases de 'Buena chica' ante numeroso público que acudía a este concerto.
Los Secretos, banda mítica da denominada "movida madrileña" dos anos oitenta, ofrecía os seus máis coñecidos éxitos durante este recital mostrando a evolución da banda ao longo das últimas décadas.
Temas como 'Échame a mí la culpa', 'La calle del olvido', 'Ojos de gata', 'Y no amanece' ou 'Quiero beber' foron coreados polos asistentes.
O fin de festa chegou con dúas dos seus temas máis populares 'Sobre un vidrio mojado' e a clásica 'Déjame'.
O sábado 12, o recinto da Caeira do Liceo Casino acollerá o tradicional Cea Baile de Gala da Peregrina coa presentación en sociedade, neste caso de mozos de ámbolos sexos.
Relacionadas:
-
Costa Feira contará con Los Secretos no seu cartel deste ano
Por Redacción |
-
Nun emotivo acto, o Liceo Casino rende homenaxe a 12 novos socios de honra
Por Mónica Patxot & Ramiro Espiño |
-
O Liceo Casino revalida éxito no seu Baile de Gala, ao que non falta Rajoy
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño |
-
RADIO.- Juri Sena, unha nova actriz e modelo xaponesa que se presenta no Baile da Peregrina do Casino
Por Marisa Ciordia |
-
Cisma entre os socios do Liceo Casino
Por Oskar Viéitez |
-
O Liceo Casino abre aos mozos a 'presentación en sociedade' no seu tradicional Baile da Peregrina
Por Oskar Viéitez |