"En el estanque dorado" reprogramado para o 19 de novembro por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio
Por Redacción
Pentación Espectáculos, empresa distribuidora do espectáculo En el estanque dorado comunicaba este martes a imposibilidade de cumprir co seu compromiso o vindeiro 7 de maio.
Un accidente doméstico do coprotagonista, Héctor Alterio, é a causa do aprazamento da representación que terá lugar finalmente o 19 de novembro.
Tal e como figura no parte médico, unha fractura de clavícula que require reposo absoluto, manterá ao actor afastado dos escenarios entre 6 e 8 semanas, coincidindo a súa recuperación co período estival.
O Pazo da Cultura, que decidiu reprogramar a súa representación para o vindeiro outono, sente as molestias ocasionadas por mor deste accidente fortuito e desexa a pronta recuperación do actor.
O servizo de venda de entradas Ataquilla.com ofrecerá o reembolso das entradas ou o cambio para a nova data, o xoves 19 de novembro.
A venda de entradas permanecerá suspendida ata setembro, momento no que será reactivada.
THE GAGFATHER
O ciclo Summum Teatro, ao que pertence o espectáculo reprogramado, botará a andar o próximo sábado 2 de maio co espectáculo The Gagfather de Yllana, unha compañía que conta cun público fiel en Pontevedra e encheu o Auditorio durante o pasado Salón do Libro para asistir a Star Trip.
Este novo espectáculo é unha homenaxe ao "cine negro". Unha divertidísima viaxe aos baixos fondos e aos máis baixos instintos, no exenta de crítica.
Para asistir poden mercar entradas en Ataquilla.com a un prezo de 12 euros más gastos de xestión ou probar sorte no SORTEO habilitado no Facebook do Pazo.
Relacionadas:
-
O mago Tamariz, Josema Yuste, Lola Herrera e Héctor Alterio actuarán no Pazo da Cultura en novembro
Por Redacción |
-
Reactivan a venda de entradas para a obra 'En el estanque dorado', con Lola Herrera e Héctor Alterio
Por Redacción |
-
'Continuidad de los parques' remata a súa xira divertindo o público pontevedrés
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
"Continuidad de los parques", nova cita este sábado co ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado |
-
Teatro de altura no Pazo: "Cancún" de María Barranco, este sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
O público do Pazo da Cultura réndese ante o humor mafioso dos 'Gagfather' de Yllana
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O ciclo Summum Teatro sube o pano con "The Gagfather", unha comedia negra sobre a corrupción
Por Redacción |
-
Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |