O ciclo Summum Teatro sube o pano con "The Gagfather", unha comedia negra sobre a corrupción
Por Redacción
Catro obras de teatro que non deberías perder. É o que nos vai a ofrecer o ciclo Summum nas próximas semanas a todos os pontevedreses. E para comezar, será a afamada compañía Yllana a que presente o seu novo espectáculo, The Gagfather. A representación terá lugar o vindeiro sábado 2 de maio, a partir das nove da noite, no auditorio do Pazo da Cultura.
En The Gagfather, un honesto cidadán vese metido gratuitamente nunha rocambolesca trama de corrupción, apostas ilegais e diñeiro sucio. Con el, mergullámonos nos baixos fondos dunha cidade chea de personaxes disparatados e situacións delirantes que nos permiten retratar dunha maneira humorística -pero non exenta de reflexión e sarcasmos- valores como os cartos, o poder ou a honra.
Ao longo da historia, coñecemos a un detective recto, honrado e con ganas de poñer orde na cidade. Ese é o home honesto, quen buscará por todos os medios rematar co crime e a corrupción política. Para iso, contará cun grupo de policías amigos seus, todos eles cunha personalidade moi particular, amigos dos métodos pouco ortodoxos e, polo xeral, bastante absurdos no seu estilo de vida.
Na obra, Yllana toca unha serie de temas universais para un espectáculo que, a través de incribles gags e sketches, pretende facernos rir sen descanso e contarnos unha historia de mafia e corrupción sen deixar de facer unha crítica ao sistema no que vivimos.
As entradas poden mercarse en www.ataquilla.com. Teñen un prezo de doce euros.
Fonte: Youtube. ProduccionesYllana
Relacionadas:
-
Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado |
-
O público do Pazo da Cultura réndese ante o humor mafioso dos 'Gagfather' de Yllana
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
"En el estanque dorado" reprogramado por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio
Por Redacción |
-
Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |