Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado
Con texto de Jordi Galcerán e baixo a dirección de Gabriel Olivares, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este sábado a a obra de teatro Cancún, unha comedia áxil e divertida sobre o que cada vida podería ter sido, que levantou os aplausos do público.
Esta obra supuxo o regreso ao teatro da actriz María Barranco, gañadora de dous premios Goya e cunha extensa traxectoria na gran pantalla e na televisión que se nota sobre o escenario. No reparto tamén figuran Vicente Romero (Hospital Central, Policías, El comisario e a recén rematada mini serie ‘Bajo Sospecha), Francesc Albiol e Carmen Gutierrez.
Durante unha hora e media os espectadores pontevedreses riron coa historia de dous matrimonios amigos dende hai más de 20 anos que deciden marchar xuntos de vacacións. Unha noite logo dunhas copas de máis, Reme (María Barranco) revela o incidente que provocou a elección das parellas. A partir deste momento, afloran unha serie de segredos.
Unhas boas vacacións poden cambiar a vida. Cancún é unha historia sobre o que pasa cando as vacacións soñadas se converten na vida que nunca soñaches vivir. A parella, a felicidade e a realización persoal ás veces dependen das decisións máis insignificantes.
Relacionadas:
-
Fele Martínez: "Asegúrovos que, en teatro, non víchedes xamais algo como Continuidad de los parques"
Por Alejandro Espiño |
-
"Continuidad de los parques", nova cita este sábado co ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
É o momento para gozar do mellor teatro no Pazo da Cultura: 'Cancún' e 'Continuidad de los parques'
Por Anxo Lourido |
-
Teatro de altura no Pazo: "Cancún" de María Barranco, este sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
O público do Pazo da Cultura réndese ante o humor mafioso dos 'Gagfather' de Yllana
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O ciclo Summum Teatro sube o pano con "The Gagfather", unha comedia negra sobre a corrupción
Por Redacción |
-
"En el estanque dorado" reprogramado por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio
Por Redacción |
-
Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |