Teatro de altura no Pazo: "Cancún" de María Barranco, este sábado en Pontevedra
Por Redacción
Unha tola comedia sobre as relacións e os anhelos. Así describen os seus creadores a obra de teatro Cancún. Con ela, o Pazo da Cultura retoma o ciclo Summum, unha iniciativa que traerá á cidade durante as próximas semanas catro espectáculos de primeira liña -o primeiro foi The Gagfather de Yllana, o pasado 2 de maio-. Esta nova cita coa escena teatral terá lugar este sábado 30 de maio, a las 21.00 horas.
Cancún, protagonizada por María Barranco, Vicente Romero, Francesc Albiol e Aurora Sánchez, conta as últimas vacacións de dous matrimonios amigos de toda a vida que deciden veranear xuntos na praia.
Unha noite despois dunhas copas de máis, Reme (María Barranco) desvela o incidente que provocou a elección das parellas. A partir deste momento comezan a aflorar unha serie de segredos. Cando chegas aos 50, cunha vida organizada e despois de compartir 20 ou 30 anos coa mesma persoa, pensas que tería acontecido se tiveses elixido outra parella.
O azar foi, no seu día, responsable de que as parellas non se formasen dun xeito distinto. Ao día seguinte, todo dá un xiro, a realidade cambiou e todo o que para ela era a súa vida é e será agora efectivamente unha situación moi diferente. A soñada escapada a Cancún pode conseguir que a súa vida sexa completamente diferente a como chegaron, facendo que a parella, as metas persoais e en definitiva a felicidade dependan de cousas que non imaxinan.
Cancún está dirixida por Gabriel Olivares sobre un texto orixinal do dramaturgo Jordi Galcerán.
As entradas están á venda, a un prezo de 16 euros, a través de www.ataquilla.com.
Relacionadas:
-
Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado |
-
Entrevista ao dramaturgo Jordi Galcerán, autor de "Cancún", a obra que se representa o sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
É o momento para gozar do mellor teatro no Pazo da Cultura: 'Cancún' e 'Continuidad de los parques'
Por Anxo Lourido |
-
O público do Pazo da Cultura réndese ante o humor mafioso dos 'Gagfather' de Yllana
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
"En el estanque dorado" reprogramado por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio
Por Redacción |
-
Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |