O rock máis puro de El Drogas sobe o pano das Festas da Peregrina
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/66b85a5b49-mos_3268.jpg)
© Mosrey Fotografía
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/940/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66b85a5929-mos_3140.jpg)
© Mosrey Fotografía
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2cf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66b85a5de0-mos_3380.jpg)
© Mosrey Fotografía
A Praza de España de Pontevedra transformouse no epicentro do rock, con persoas procedentes de distintos puntos do norte da península, este sábado 10 de agosto co inicio das Festas da Peregrina.
O encargado de subir o pano foi El Drogas, exlíder da emblemática banda Barricada, quen trouxo o seu potente son para celebrar o 40 aniversario da fundación da banda.
Varias xeracións déronse cita nunha praza que estaba a rebordar..
O concerto comezou coa emblemática risa "ja, ja, ja, ja, ja" de "La silla eléctrica", seguido de "Esperando en un billar", nunha noite onde cada tema de Barricada resoou coa forza de antaño.
Clásicos como "Animal caliente", "No hay tregua", "La hora del carnaval" e "Okupación" fixeron que o público vibrase e cantase a coro, creando un ambiente cargado de enerxía.
El Drogas, fiel ao seu estilo, interactuou constantemente cos seus seguidores, amosando por que é considerado un verdadeiro showman e un animal escénico.
O seu carisma encheu cada recuncho da praza, especialmente cando chegou o tramo final con "Esta es una noche de rock and roll".
A despedida, co mítico "Blanco y negro", deixou a todos con ganas de máis.
Este domingo 11 de agosto, o rapeiro malagueño Delaossa tomará o relevo no mesmo escenario, prometendo outra noite inesquecible en Pontevedra.
Concerto de El Drogas na Praza de España
O rock máis puro de El Drogas aterrou en Pontevedra para dar o pistoletazo de saída ás Festas da Peregrina este sábado 10 de agosto
© Mosrey Fotografía
Relacionadas:
-
Richard Bona e Alfredo Rodríguez Trío certifican o éxito do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Unhas festas inclusivas: horario ampliado sen ruído, sala de lactación e baños adaptados
Por María José Pita |
-
Despregadura policial e sanitaria sen precedentes para a Semana Grande
Por María José Pita & Cristina Saiz |
-
As atraccións feirais infantís resenten a facturación estival fronte ás do público de máis idade
Por Redacción |
-
Lores: "Vexo sorrisos que só se dan nesta época concreta"
Por Redacción |
-
Shinova, El Drogas, La la Love You, Nil Moliner, Fillas de Cassandra, Mondra, Delaossa ou Tanxugueiras, nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Retiran as letras de "Pontevedra" da Praza de Ourense
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, "localidade pioneira" con 20 anos de "inspeccións exhaustivas" das atraccións das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |