Richard Bona e Alfredo Rodríguez Trío certifican o éxito do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
A Praza da Ferrería de Pontevedra pechou a edición 2024 do Festival Internacional de Jazz e Blues coa espectacular actuación de Richard Bona.
Na noite deste venres 9 de agosto, o virtuoso baixista e multiinstrumentista camerunés acompañado polo pianista cubano Alfredo Rodríguez e o baterista Michael Olivera, cativou ao público cunha mestura de jazz, afropop e ritmos tradicionais africanos.
Desde os primeiros compases, Bona demostrou por que é considerado unha lenda viva da música mundial, combinando á perfección a súa incrible destreza no baixo eléctrico cunha voz cálida e envolvente.
A súa música, impregnada das súas raíces africanas, conectou de inmediato cos asistentes, que encheron a praza para gozar da noite previa ao inicio das Festas da Peregrina.
A actuación foi un percorrido polas tradicións e sons do continente africano, sen esquecer as influencias do jazz que marcaron a carreira de Bona.
Este concerto final foi o broche de calidade para un festival que, unha vez máis, reafirma a Pontevedra como un epicentro do jazz e o blues na península.
Relacionadas:
-
O rock máis puro de El Drogas sobe o pano das Festas da Peregrina
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
O "flow" de Jeff Cascaro impregna o Festival Internacional de Jazz
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Rick Estrin e The Nightcats converten Pontevedra nun templo de blues
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Sempasúchil achega boas vibracións á Ferrería no Festival Internacional de Jazz
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Iago Banet e Antilia inician o 30 aniversario do Festival Internacional de Jazz
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |