A contratación a reforma da rúa Santiña e a instalación de cámaras de tráfico e medidores ambientais
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou o expediente de contratación dos dous proxectos financiados con fondos europeos relacionados coa implantación da Zona de Baixas Emisións (ZBE) que son: a reforma da rúa Santiña e a instalación de cámaras de tráfico e medidores ambientais de calidade do aire.
Segundo informou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o 24 de xuño deste ano o Ministerio de Transportes confirmou a concesión a Pontevedra de 2.767.054 euros procedentes dos fondos Next Generation.
Na concesión detállase que estas axudas deben estar xustificadas, e por tanto as obras executadas o 31 de decembro de 2024.
O proxecto da rúa Santiña ten un orzamento total de 2.159.850 euros, dos que Europa achega 1.606.500 euros.
Doutra banda, estaría o proxecto relacionado coa dixitalización e control da mobilidade, a través da instalación de cámaras, medidores de contaminación e de fluxos de tráfico "para poder logo tomar decisións con respecto da redución de tráficos". Este proxecto ten un orzamento de 1.524.000 euros, dos cales serán subvencionados 1.160.554 euros.
A reforma da rúa A Santiña completará o acondicionamento de todo o Camiño Portugués a Santiago ao seu paso polo centro urbano da cidade. A intervención está pensada en dous tramos: o primeiro é máis urbano e localízase entre o cruzamento coa avenida da Coruña e a rúa Valentín Paz Andrade e o segundo ten un carácter máis rural e chega ata o cruzamento coa rúa da Gándara.
Relacionadas:
-
Solicitude do PP para que se rehabilite a área recreativa da Rúa da Gándara
Por Redacción |
-
O Concello recorre a "vías excepcionais" para salvar os proxectos da Santiña e de cámaras de tráfico
Por Natalia Puga |
-
O PP reclama ao Concello máis información sobre as multas na zona de baixas emisións
Por Oskar Viéitez |
-
Así é o sinal que identificará a Pontevedra como zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
"Camiño despexado" para que a reforma da Rúa Santiña comece "en xaneiro ou febreiro"
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma da Rúa Santiña sairá a licitación a próxima semana
Por Oskar Viéitez |
-
Toda Pontevedra é zona de baixas emisións e cumpre cos parámetros máis esixentes da Organización Mundial da Saúde
Por Oskar Viéitez |