O Concello recorre a "vías excepcionais" para salvar os proxectos da Santiña e de cámaras de tráfico
Por Natalia Puga
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, fixo balance este xoves da situación actual de tramitación dos proxectos financiados no municipio con cargos europeos a raíz da "parálise" de investimentos derivada da non aprobación dos orzamentos municipais para 2024.
A situación, analizada durante a celebración da Xunta de Goberno local deste xoves, xera preocupación no Executivo, pois chegaron á conclusión de que "todos os fondos europeos están afectados dunha maneira ou doutra".
Nalgúns casos, o Goberno local tenta salvar a situación empregando "vías excepcionais". É o caso da rehabilitación integral da Rúa Santiña e a instalación de cámaras de tráfico para controlar as Zonas de Baixas Emisións (ZBE). Para sacar adiante estes proxectos, vaise poñer en marcha unha xeración de crédito de 756.000 euros.
Estes proxectos da Santiña e das cámaras de ZBE son "os menos afectados" pola parálise porque xa están contratados e adxudicados neste intre, pero si que van sufrir unha demora de dous ou tres meses. Para evitar esa demora e que as obras poidan empezar canto antes, "en marzo poder ser", optouse por esta xeración de crédito.
Os fondos PIREP, concedidos para a recuperación do antigo conservatorio e o edificio municipal de Churruchaos tamén están en risco. Neste caso, existe xa proxecto, pero "non se pode adxudicar ata que teñamos novos orzamentos", explicou o alcalde, que lembrou que a obra debería comezar en setembro e os prazos van xustos.
Outro proxecto afectado é a actuación no río dos Gafos con cargo aos fondos Fundación Biodiversidade, incluído o destape do tramo urbano. Esta iniciativa ascende a 4 millóns de euros, dos que 3,2 son unha subvención e o resto corresponde cunha achega municipal.
Neste caso, tamén buscarán "vías excepcionais" para esta achega municipal, pois a falta de orzamento implica "un atraso" e hai que buscar unha solución para poder iniciar a licitación da elaboración do proxecto. Tamén debería estar licitado antes de setembro.
O último proxecto que mencionou Lores na súa análise é o relativo ao BIC do Lérez, unha actuación prevista para os Salóns do Lérez e a zona de Aceñas. Neste caso, o Concello está pendente de que a Xunta de Galicia aumente o prazo de execución para poder elaborar o proxecto.
"Neste momento, non temos proxecto nin posibilidade de contratalo", explicou o alcalde, para engadir que hai que presentar á Xunta o proxecto e tamén certificar que están en disposición de ceder os terreos, pero nestes momentos non poden facer unha cousa nin a outra.
Lores lamentou a ausencia de distintos contratos na Xunta de Goberno Local pola non aprobación dos orzamentos. Así, destaca que na sesión deste xoves tería que aprobarse un estudo de situación da vivenda en Pontevedra ao que se comprometeran e tamén un contrato para o estudo de estruturas municipais e a modificación do contrato da Casa Consistorial, pero todas estas accións foron paralizadas.
Relacionadas:
-
O Camiño de Santiago, con percorrido provisional en Pontevedra polas obras da Santiña
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Na procura de consenso coa oposición para aprobar a primeira modificación de crédito do orzamento
Por Anxo Lourido |
-
Os prazos apreman no proxecto para liberar o Gafos: en cinco meses deberá estar lista a asistencia técnica
Por Natalia Puga |
-
O Concello e Civis Global asinan o contrato da reforma da Santiña
Por Redacción |
-
A renaturalización do Gafos irá "moito máis aló" que destapar a cuberta do río
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno local asegura que o Concello de Pontevedra esquivou o "colapso total"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores lamenta que PP e PSOE se poñan de acordo "para destruír e para que as cousas non funcionen"
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera reitera que ningún pontevedrés "notará cambio algún" coa zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
O PP reclama ao Concello máis información sobre as multas na zona de baixas emisións
Por Oskar Viéitez |
-
Un orzamento de 94,7 millóns para 2024 para o que Lores pide "responsabilidade" á oposición
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o sinal que identificará a Pontevedra como zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
"Camiño despexado" para que a reforma da Rúa Santiña comece "en xaneiro ou febreiro"
Por Alejandro Espiño |
-
Seis empresas compiten polo contrato para a reforma integral da Rúa da Santiña
Por Alejandro Espiño |
-
A contratación a reforma da rúa Santiña e a instalación de cámaras de tráfico e medidores ambientais
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma da Rúa Santiña sairá a licitación a próxima semana
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Pontevedra, "ate o moño" de Patrimonio pola paralización da reforma da rúa Santiña
Por Oskar Viéitez |