Prohibido estacionar na desembocadura do Gafos a partir da tarde do mércores por tarefas de limpeza
Por Redacción
A partir da tarde deste mércores 26 de xullo, a zona de estacionamento das rúas Ribeira dos Peiraos e Ribeira dos Gafos, en ambas marxes da desembocadura do río dos Gafos, permanecerá pechada.
A razón desta situación é que un novo zafarrancho de limpeza posto en marcha polo Concello de Pontevedra nesta zona.
Segundo a información facilitada polo Concello, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos.
Os vehículos que permanezan estacionados na zona cando se vai proceder á limpeza serán retirados polo guindastre municipal.
O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría Limpeza Viaria, dirixida por Xaquín Moreda, solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado.
O Concello pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais de limpeza.
Relacionadas:
-
Intervención de limpeza na avenida das Corvaceiras e na praza do Gremio de Mareantes
Por Redacción |
-
Zafarrancho de limpeza nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta
Por Redacción |
-
Zafarrancho de limpeza na rúa da Abundancia
Por Redacción |
-
Restricións de aparcamento na Parda para facilitar unha mobilización de limpeza
Por Redacción |
-
Comeza o operativo de roza e limpeza no anel periurbano de Pontevedra e nas quince parroquias do rural
Por Redacción |
-
Operación de limpeza na avenida de Bos Aires
Por Redacción |