Zafarrancho de limpeza nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo iniciará a próxima semana unha mobilización de limpeza en rúas, prazas, beirarrúas e outros espazos públicos empedrados.
A concesionaria do servizo, Ascan, encargarase de realizar os traballos que se concentrarán nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta durante un prazo estimado dun mes.
O obxectivo é a posta a punto do municipio para Semana Santa.
En Sanxenxo as tarefas de limpeza centraranse na Rúa de Madrid, Constitución, Cesteiros, Viña da Fonte, Augusto González Besada, San Isidro, Praza de Portugal, Paseo de Silgar, Rúa Vidal Rocha, Rúa Ourense e Rúa dos Quinteiros.
En Portonovo, pola súa banda, o operativo actuará en Rafael Picó, Rúa da Marina, Arenal, Méndez Núñez, Santa Catalina, San Roque, Praza do Enxido, Rúa das Flores, La Unión, Lalinde del Rio, Rúa da Paz, Pontevedra, Ourense.
Finalmente, en Vilalonga os traballos concentraranse na estrada xeral e Praza Pública. Tamén está previsto actuar na Revolta. Todos estes traballos serán realizados mediante un furgón especializado, cun depósito GRG e hidrolimpadora a presión.
Con esta mobilización de limpeza, incluirase un tratamento preventivo que elimine a sucidade e o verdín xerado polas choivas nas zonas máis sombrías. A maiores farán unha limpeza integral das papeleiras para permitir unha mellor hixiene e conservación.
Relacionadas:
-
Prohibido estacionar na desembocadura do Gafos a partir da tarde do mércores por tarefas de limpeza
Por Redacción |
-
Ollares de Portonovo retrata a 30 veciñas de Sanxenxo para unha exposición polo Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
Advirten de queixas veciñais polos cambios no transporte público de Portonovo
-
Derrubada unha torre eléctrica en Vilalonga para crear unha parada de bus
Por Redacción |