Comeza o procedemento de investigación da titularidade de inmobles na aldea modelo
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes 18 de xullo o anuncio do comezo do procedemento de investigación de titularidade de inmobles por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Desta forma iníciase o primeiro expediente de investigación da titularidade deste departamento da Consellería do Medio Rural sobre predios de solo rústico con titularidade descoñecida para a administración.
Este procedemento novo céntrase nos traballos de desenvolvemento da aldea modelo de Mouteira-Parada, no municipio de Cerdedo-Cotobade.
Trabállase nunha superficie de 17 hectáreas distribuída en 427 parcelas de 109 titulares catastrais. Co procedemento determinarase a titularidade de 77 parcelas.
O inicio do expediente expoñerase durante 20 días. Despois, as persoas afectadas poderán alegar durante un período dun mes. Deberán presentar datos, antecedentes ou documentos para fundamentar o seu dereito mediante un escrito dirixido á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade acolle unha xornada sobre comunidades enerxéticas baseadas en biomasa
Por Redacción |
-
Medio Rural destinará 49.000 euros á construción dunha praza pública en San Pedro de Parada
Por Redacción |
-
Revista á aldea modelo de Parada-Mouteira e o polígono agroforestal de Tomonde-Vilalén
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de ordenación produtiva da aldea modelo de Mouteira-Parada
Por Oskar Viéitez |
-
A aldea modelo de Mouteira-Parada e o polígono agroforestal recuperarán preto de 90 hectáreas de terras agrarias
Por Redacción |
-
O DOG publica a declaración de utilidade pública da aldea modelo de Mouteira-Parada
Por Redacción |