A capital recibe 142 comunicacións de fogueiras na noite de San Xoán
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra vén de recibir 142 comunicacións para a celebración das fogueiras de San Xoán no termo municipal. Rematado o prazo de presentación destas notificacións ben de xeito telemático ou ben por Rexistro.
A maior parte das notificacións son de particulares pero tamén de asociacións de veciños e culturais como O Crabadoiro de Santo André de Xeve, a Recriativa de Xeve, Salcedo-Norte, Eduardo Pondal, Cultural e deportiva de Mourente e Cultural da Piolla.
Como é habitual, o bando emitido desde o Concello de Pontevedra recolle todas as consideracións necesarias para a celebración segura e legal da tradicional noite de San Xoán. Dentro de estas normas, e a maiores da presentación da documentación necesaria, as fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ás edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros.
Os materiais a empregar na combustión serán: leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense calquera outro tipo de material e tamén a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.
ASOCIACIÓN DE EDUARDO PONDAL
Despois de cinco anos sen poder facela, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal recupera a celebración do San Xoán cunha cacharela no barrio, a maior das que se veñen realizando no núcleo urbano.
Será ás 00.00 horas na rúa Otero Pedraio frente ao local de música onde a asociación veciñal convidará a chourizos e sardiñas a tódolos socios ata fin de existencias a partir das 21.00 horas.
Relacionadas:
-
Meigas fóra! San Xoán cumpre coa súa tradición nunha noite máxica de lume, sardiñas... e celebración
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Concedidos 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán en Sanxenxo
Por Redacción |
-
21 autorizacións concedidas para facer cachadas nas praias de Vilagarcía este San Xoán
Por Redacción |
-
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Na noite de San Xoán arderán en Marín 11 fogueiras públicas e 127 en espazos privados
Por Oskar Viéitez |
-
Poio terá a súa propia danza branca e a súa contradanza
Por Oskar Viéitez |
-
Cacharelas, sardiñas e verbenas para celebrar o San Xoán en Poio
Por Redacción |